12/5/15
Resumo do Obradoiro de Voluntariado do 9-5-15 na praia de Baluarte-Fontaíña
11/5/15
Programa municipal de turismo sostible: As Illas Cíes de Vigo. As túas Illas
A nosa asociación está a colaborar co Concello no desenvolvemento deste programa de visitas guiadas polas illas Cíes. Os días 21 de marzo e 11 de abril moitos dos nosos voluntari@s participaron xa nas saídas guiadas por monitores de Fontaíña, dentro dos paseos denominados “Descubrindo a natureza” onde se explicaron os valores naturais deste arquipélago pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. O vindeiro 23 de maio @s invitad@s á xornada serán os nosos veciños portugueses.
10/5/15
Convocatoria: Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico nas dunas de Cabo de Mar
A Asociación Fontaíña organiza o vindeiro sábado 16 de maio de 10:30 a 13h. un Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico nas dunas de Cabo de Mar, Alcabre, Vigo.
Nesta actividade poderán participar persoas adultas e nenos (estes últimos acompañados por algún adulto), e realizaranse diferentes tarefas relacionadas coa conservación do medio natural desta zona litoral: revisión e mantemento do valado protector das dunas, reposición de carteis sinalizadores, cambio de ubicación dun panel divulgativo, eliminación manual de plantas exóticas invasoras como a margarida africana (Arctotheca calendula) e limpeza de lixo. Tamén faremos un percorrido para coñecer as plantas destas dunas. Ó remate todos os participantes recibirán un merecido avituallamento. Animádevos a participar!
As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a diegodalimia@gmail.com indicando nome, teléfono e, no caso dos menores, idade. As prazas son limitadas.
Etiquetas:
Actividades/,
Voluntariado Litoral/
9/5/15
Charla no IES Sto. Tomé
O vindeiro venres 15 de maio,
un membro da Asociación Fontaíña vai impartir a charla "De praias
degradadas a dunas protexidas: máis de 20 anos de restauración no
litoral vigués" ós alumnos do Instituto de Ensinanza Secundaria Santo
Tomé a partires das 10:30 h.
Ó
longo de aproximadamente unha hora de explicacións, os estudantes deste
instituto coñecerán os éxitos e os fracasos, os detalles e as
xeralidades,... do noso proxecto que tan bos resultados deu, está a dar e
dará na costa do concello de Vigo. Animarémolos a participar como
voluntarios como xa fixeron alumnos doutros centros educativos da cidade
olívica e resolveremos todas as dúbidas e cuestións que nos plantexen.
Etiquetas:
Actividades/,
Xuventude/
6/5/15
Prazas libres para o Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico
Aínda quedan prazas libres para o Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico para adultos e nenos nas praias de Fontáiña e Baluarte do vindeiro sábado 9 de maio de 10:30 a 13h;
Nesta actividade poderán participar persoas adultas e nenos (estes últimos acompañados por algún adulto), e se realizarán diferentes tarefas relacionadas coa conservación do medio natural desta zona litoral: Revisión e mantemento do valado protector das dunas, reposición de carteis sinalizadores, eliminación manual de plantas exóticas invasoras (Conyza canadensis e Arctotheca calendula) e limpeza de lixo. Tamén faremos un percorrido para coñecer as plantas das dunas desta praia. Ó remate todos os participantes recibirán un merecido avituallamento.
Animádevos a participar e se vides acompañados polos vosos fillos e sobriños, mellor aínda.
As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome, teléfono e, no caso dos menores, idade.
Etiquetas:
Actividades/,
Voluntariado Litoral/,
Xuventude/
24/4/15
Suspendido pola chuvia o Obradoiro do 25/4/15
Lamentamos comunicarvos que ante a situación meteoroloxica (100% de chuvia en todas as previsións) e tendo en conta que hai bastantes rapaces participantes decidimos suspender o Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico nas praias de Fontáiña e Baluarte do sábado 25 de abril de 2015 pola mañán.
A actividade convócase de novo para o sábado 9 de maio de 10:30 a 13h; esperemos ter máis sorte co tempo.
Ós voluntarios inscritos o día 25/4/15 se lle gardan as prazas reservadas, para o día 9/5/15.
Etiquetas:
Actividades/,
Voluntariado Litoral/,
Xuventude/
Resumo do censo de aves do pasado 18 de abril
"O
pasado sábado 18 de abril realizamos o XI Censo de aves acuáticas en
paso prenupcial polo Parque Litoral de Vigo dende Cabo de Mar ata
Fontaíña pasando pola xunqueira do Lagares. Con cifras baixas debido á
época do ano na que nos atopamos, podemos salientar varias observacións
como unha femia de pentumeiro común (Melanitta nigra) nadando na praia
de Samil despois de ter pasado o inverno fronte a este areal ou o
primeiro mazarico galego (Numenius phaeopus) que se observa esta
primavera na xunqueira do Lagares.
Agardámosvos
na vindeira actividade de educación ambiental en ornitoloxía que
levaremos a cabo na primeira quincena de setembro, desta volta censando
as aves acuáticas en paso posnupcial. Ademáis, co gallo do X aniversario
da realización de censos de aves acuáticas, durante este ano
organizaremos outras actividades relacionadas coa ornitoloxía das que
teredes máis novas neste blog"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




