- Reparación de valados: un grupo de cinco voluntarios levou a cabo a reconstrución dun tramo de valado duns 15m de lonxitude, que foi esnaquizado polos temporais de inverno. Tamén se repararon numerosos puntos de valado con desperfectos.
- Colocación dun cartel sinalizador: un grupo de tres voluntarios acometeu esta tarefa, consistente na colocación dun cartel sinalizador do espazo natural da praia da Fontaíña no seu acceso central. O cartel, en aluminio serigrafiado, vai suxeito ó solo mediante dous postes cunha base de formigón. Tamén leva unha protección de barniz antigrafiti.
- Abonado dos piñeiros: dous voluntarios se adicaron a aplicar un abono específico para os piñeiros mansos que bordean as dunas, coa finalidade de mellorar o seu crecemento.
- Limpeza de lixo: os dous voluntarios que remataran o abonado realizaron unha limpeza de lixo das dunas. Recolleronse uns 7kg.
5/5/11
Traballos de voluntariado ambiental no areal de Fontaíña no mes de maio de 2011
8/3/11
Próxima actividade do Obradoiro da Natureza
Domingo 13/3/11 de 10,30 a 13h. Continuación dos traballos medioambientais na Xunqueira do Lagares.
Os nenos participantes remataran as tarefas da pequena plantación de árbores de ribeira realizada en xaneiro, titorizando as arboriñas para que teñan unha mellor proteción. Se da tempo, limparan as marxes do río e axudarán a eliminar unha planta bioinvasora (brotes pequenos de herba das pampas) que estamos a controlar. Na actividade tamén participarán algúns voluntarios adultos da Oficina Municipal de Voluntariado. O lugar de encontro será na ponte de madeira que hai no Paseo Peonal do Lagares (a carón da depuradora, na estrada Muíños-Samil). Os nenos deben traer botas de auga e roupa que poidan manchar sen problema.
Os rapaces/as interesados/as pódense apuntar no correo electrónico ou no teléfono de Fontaíña.
11/2/11
Suspendida a excursión dos rapaces ó Esteiro do Miño
22/1/11
Voznatura: Resumo das actividades de decembro e xaneiro cos rapaces do Obradoiro da Natureza
Domingo 12/12/10 de 10:00 a 13:00h. Percorrido polos Montes de Saiáns. Realizouse un itinerario polos montes comunais de Saiáns e finalmente o grupo achegouse ata os muíños do Regato de Saiáns, onde visitamos estas fermosas e vellas construcións e aproveitamos tan excepcional entorno para tomar un avituallamento. Na primeira metade da mañan realizamos pequena plantación de carballos nunha zona en reforestación. Os participantes desta actividade foron: Miguel, Sabela, Ruth, Mónica e Edu.
Domingo 16/1/11 de 10 a 13h. Traballos medioambientais na Xunqueira do Lagares. Os nenos participantes levaron a cabo unha pequena plantación de árbores de ribeira. En total, entre carballos, amieiros, salgueiros e loureiros, se plantaron unhas trinta arboriñas. Xusto cando se rematou a plantación comezou a chover, aproveitando este contratempo para ir tomar un refresco a un bar próximo. Os participantes nesta actividade foron: Lucía, Miguel, Sabela, Sira, Xosé, Eliana, Madai, Georgina, Ruth, Cruz, Mónica e Edu.
7/1/11
AVISO IMPORTANTE: Suspendido o censo de aves
Dita actividade se traslada para o domingo 16/1/11, sendo o lugar de encontro en Cabo de Mar as 9:00h.
3/1/11
Próxima actividade: Censo de aves invernantes na costa de Vigo
2/1/11
Á terceira vai a vencida: Resumo da actividade de voluntariado ambiental en Cabo de Mar
Traballos realizadospolos voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado: Reparación de valados, eliminación de pintadas nos carteis sinalizadores do espazo natural, eliminación de flora exótica e limpeza de lixo e entullos das dunas.
Horario: 10:00-12:00 h.
Asistentes: Miren, Isabel, Juan, Alberto e Edu.
- Reparación de valados: un grupo de dous voluntarios fixo unha revisión xeral do perímetro do valado coa finalidade de localizar desperfectos e reparalos. Fíxose especial fincapé nas grapas metálicas que suxeitan o aramio ós postes de madeira.
- Eliminación de pintadas dos carteis sinalizadores: outro grupo de dúas voluntarias procedeu limpar os grafitis que emporcallaban os carteis sinalizadores nos accesos a Cabo de Mar, mediante panos, disolvente e líquido limpador multiusos. Posteriormente se aplicará un barniz antigraffiti coa finalidade de prevenir novos actos vandálicos.
- Limpeza de residuos e entullos: os dous voluntarios que repararon o valado, unha vez rematada a súa tarefa procederon a limpar de residuos e entullos a zona de dunas protexidas. Os entullos proceden dun vello soterramento de restos dun quiosco na década dos 70 e o vento vainos desenterrando pouco a pouco. En total se retiraron uns 30kg de entullo e 5 kg de lixo.
- Eliminación de flora exótica: localizouse un rebrote de uña de gato (Carpobrotus sp.) na zona onde se estaba a retirar entullo e foi arrincado. Hai que lembrar que a uña de gato é unha planta considerada como bioinvasora na península ibérica e que inzaba a case totalidade estas dunas da praia do Cocho das Dornas ata os anos 90 do século XX, antes de iniciarse o proxecto de recuperación desta zona.

