Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



27/9/24

6-10-24 Convocatoria actividade "Libera 1m2 polas praias e mares" na Xunqueira do Lagares



ENLACE CARTEL EN PDF



O vindeiro domingo 6 de outubro, de 10.00 a 12:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Realizarase unha limpeza de lixo deste interesante espacio natural vigués.A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, refuxio de numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha salina do SXVIII.


Por desgraza, a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais. Un deles (e hai moitísimos máis) vai ser combatido mediante o traballo do voluntariado ambiental. A presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares e as saídas de materiais polos sumidoiros, polo que resulta necesario retirar regularmente dito lixo para evitar que se acumule degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.

A actividade forma parte da campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes.

Poderá participar calquera persoa interesada, inscribíndose previamente, e a Asociación Fontaíña facilitará luvas, peto identificativo, auga e avituallamento; ademais de contar cun seguro de RC e accidentes. Para esta xornada haberá 20 prazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar nesta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 anos deben de vir acompañados por unha persoa adulta e os menores de 16 ata 18 anos traer esta autorización dos seus pais ou titores.

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

É imprescindible levar botas de auga e roupa para traballar e mancharse. Chuvasqueiro ou gorra de sol según a meteoroloxía.

__________________________________

El próximo domingo 6 de octubre, de 10:00 a 12:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira do Lagares. Se realizará una limpieza de basura de este interesante espacio natural vigués.

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desmbocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, refugio de numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII.

Por desgracia, la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Uno de ellos (y hay muchísimos más) va a ser combatido mediante el trabajo del voluntariado ambiental. La presencia de residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares y las salidas de materiales por las alcantarillas, por lo que resulta necesario retirar regularmente esa basura para evitar que se acumule degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local.

La actividad forma parte de la campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO-Birdlife y Ecoembes.

Podrá participar cualquier persona interesada, inscribiéndose previamente, y la Asociación Fontaíña facilitará guantes, chlaeco, agua y avituallamento; además de contar con un seguro de RC y accidentes. Para esta jornada habrá 20 plazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar en esta actividad es imprescindible apuntarse previamente, mediante el envío de un correo electrónico a 
fontainhavigo@yahoo.es 

indicando los siguientes datos:
Nombre participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de 16 anos deben de venir acompañados por una persoa adulta y los menores de 16 hasta 18 anos traer esta autorización de sus padres o tutores.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 

Es imprescindible llevar botas de agua y ropa para trabajar y mancharse. Chubasquero o gorra de sol según la meteorología.


23/9/24

22-9-24 Resumo da xornada de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares


Un grupo de sete persoas voluntarias participaron nesta nova xornada medioambiental na Xunqueira do Lagares, unha marisma de grande valor ecolóxico a nivel local. A formación impartida ó voluntariado e os traballos realizados centráronse nas técnicas para frear a expansión dunha planta exótica invasora, a herba das pampas (Cortaderia selloana). 

As persoas voluntarias aprenderon a retirar as espigas para evitar a dispersión de pole e sementes desta gramínea, a importancia da erradicación dos exemplares de curta idade para evitar que acaden tamaños que dificultan moito o seu manexo en menos dun ou dous anos. 

Por último, no caso dos grandes exemplares, se traballaron as técnicas de recortado da mata coa desbrozadora, de cortado do pe coa motoserra e finalmente arrincado da raíz con sachos. Un traballo duro como puidemos comprobar.  A pesares disto hai que felicitar ó voluntariado participante na xornada xa que conseguiron eliminar un total de once exemplares, deles cinco de grande tamaño. O peso total das plantas eliminadas rondaba os 50kg de peso.

A xornada de voluntariado tamén permitiu un achegamento á biodiversidade da Xunqueira do Lagares, mediante a identificación de especies de interese que o grupo puido observar: as cercetas comúns (Anas crecca), un escancer (Anguis fragilis) depredando unha lesma, a amenta de lobo (Lycopus europaeus) ou a espectacular floración na xunqueira das abondosisimas estreliñas das xunqueiras (Aster tripolium).

3/9/24

22-9-24 Convocatoria de actividade de voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares


 A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.


A planta Cortaderia selloana (Herba das pampas) é unha especie de orixe sudamericana que está incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.  A planta está presente en Galicia desde os anos oitenta do século XX polo seu uso ornamental. Pouco a pouco os exemplares foron naturalizándose e espallandose polas zonas costeiras ata se converter nun problema pola ocupación de áreas de vexetación natural de valor ecolóxico, como por exemplo as marismas. Actualmente segue a estar presente en numerosas zonas do municipio de Vigo, especialmente en terreos  abertos, baldíos e marxes de estradas. 

A Asociación Fontaíña está a controlar o inzamento desta especie na Xunqueira do Lagares mediante a xeolocalización e eliminación dos exemplares asentados, retirada das espigas para evitar o espallamento das sementes e controlando regularmente as novas plantas que nacen cada ano. Polo de agora os resultados están sendo moi positivos e unha vez que se remate co control da herba das pampas na propia Xunqueira do Lagares se pasaría a unha segunda fase, de inventariado dos exemplares que inzan terreos públicos e privados na contorna e viais que bordean a Xunqueira do Lagares, para reclamar ás administracións públicas que acometan medidas de erradicación.



O vindeiro domingo 22 de setembro de 2024, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares, na que poderán participar un total de seis persoas acompañadas dun monitor. Nela se eliminarán algúns exemplares da bioinvasora herba das pampas (Cortaderia selloana) neste interesante espazo natural vigués e se realizará unha limpeza dos carteis sinalizadores do espazo natural. Durante os últimos anos as actividades de Fontaíña na Xunqueira do Lagares contaron co patrocinio do programa de apadriñamento de espazos naturais patrocinado polo Libera (SEO-Birdlife e Ecoembes). 
A asociación facilitará ó voluntariado a formación previa, ferramentas, lubas, auga e avituallamento, ademais dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil. O traballo das persoas voluntarias será dirixido por persoal de Fontaíña. A actividade conta cos necesarios permisos administrativos do Servicio de Costas de Pontevedra (Ministerio para la Transición Ecológica yel Reto Demográfico) e da Concellería de Medio Ambiente (Concello de Vigo). O servizo de limpeza municipal instalará un contedor específico para o depósito das plantas retiradas. 

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles;  os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

O medio no que se vai traballar son terreos con vexetación herbácea alta e bastante seca, polo que é necesario levar roupa de manga e perna longa para traballar protexido no campo e gorra para protexerse do sol.  IMPORTANTE: Para traballar na eliminación da herba das pampas (Cortaderia selloana) é necesario vestir roupas que protexan a pel (camiseta de manga longa e pantalón longo),  xa que as follas desta herba son moi cortantes e poden ferir ou irritar a pel.
________________________________

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desembocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII

El próximo domingo 22 de septiembre de 2024, de 10:00 a 13:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira do Lagares. Se eliminarán algunos ejemplares de la hierba bioinvasora (Cortaderia selloana) y se limpiarán los carteles señalizadores de este interesante espacio natural vigués. Durante los últimos años las actividades de Fontaíña en la Xunqueira do lagares contaron con el patrocinio del programa de apadrinamiento de espacios naturales patrocinado por Libera (SEO-Birdlife e Ecoembes).

La planta Cortaderia selloana (Hierba de las pampas) es una especie de origen sudamericano que está incluído en el Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.  La planta está presente en Galicia desde los años ochenta del siglo XX por su uso ornamental. Poco a poco los ejemplares fueron naturalizándose y esparciéndose por las zonas costeras hasta convertirse en un problema por la ocupación de áreas de vegetación natural de valor ecológico, como por exemplo las marismas. Actualmente sigue estando presente en numerosas zonas del municipio de Vigo, especialmente en terrenos  abiertos, baldíos e márgenes de carreteras.

La Asociación Fontaíña está controlando la proliferación de esta especie en la Xunqueira do Lagares mediante a geolocalización y eliminación de los ejemplares asentados, retirada de las espigas para evitar la dispersión de las semillas y controlando regularmente las nuevas plantas que nacen cada año. Por ahora los resultados están siendo muy positivos y una vez que se termine con el control de la hierba de las pampas en la propia Xunqueira do Lagares se pasaría a una segunda fase, de inventariado de los exemplares que proliferan en terrenos públicos y privados en el entorno y viales que bordean la Xunqueira do Lagares, para reclamar a las administraciones públicas que acometan medidas de erradicación.

La asociación facilitará al voluntariado la formación previa, herramientas, guantes, agua y avituallamento, ademas de un seguro de accidentes y de responsabilidad civil. El trabajo de las persoas voluntarias será dirigido por personal de Fontaíña. La actividad cuenta con los necesarios permisos administrativos del Servicio de Costas de Pontevedra (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) y de la Concellería de Medio Ambiente (Concello de Vigo). El servicio de limpieza municipal instalará un contenedor específico para el depósito de las plantas retiradas. 

Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente mediante el envío de un correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es

indicando los siguientes datos:
Nombre y apellidos participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de edad deben venir acompañados por una persona adulta. Los menores de 16 a 18 anos podrán participar solos previa autorización de sus padres o tutores (Enlace descarga documento autorización).


Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 

El medio en el que se va a trabajar son terrenos con vegetación herbácea alta y bastante seca, por lo que es necesario llevar ropa de manga y pierna larga para trabajar protegido en el campo y gorra para protegerse del sol.   IMPORTANTE: Para trabajar en la eliminación de la hierba de las pampas (Cortaderia selloana) es necesario vestir ropas que protejan la piel (camiseta de manga larga y pantalón largo),  ya que las hojas de esta hierba son muy cortantes y pueden herir o irritar la piel.