20/10/24
20-10-24 Resumo da xornada de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares
12/10/24
20-10-24 Convocatoria de actividade de voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares
A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII. A asociación Fontaíña realiza regularmente actividades de voluntariado medioambiental como eliminación de especies exóticas invasoras, limpeza de residuos, plantación de especies autóctonas ou o coidado da sinalización ambiental deste espazo natural.
________________________________
La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desembocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII. La asociación Fontaíña realiza regularmente actividades de voluntariado medioambiental como eliminación de especies exóticas invasoras, limpieza de residuos, plantación de especies autóctonas o el cuidado de la señalización ambiental de este espazo natural.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil.
5/10/24
AVISO IMPORTANTE: Suspéndese a actividade do 6-10-24 na Xunqueira do Lagares
AVISO IMPORTANTE: por mor da previsión meteorolóxica con alerta amarela na costa decidimos suspender a actividade de limpeza na Xunqueira do Lagares, programada para o domingo 6-10-2024 de 10 a 12h.
Informamos tamén que a vindeira actividade será o domingo 20 pola mañán na Xunqueira do Lagares.
27/9/24
6-10-24 Convocatoria actividade "Libera 1m2 polas praias e mares" na Xunqueira do Lagares
Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil.
Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil.
23/9/24
22-9-24 Resumo da xornada de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares
Un grupo de sete persoas voluntarias participaron nesta nova xornada medioambiental na Xunqueira do Lagares, unha marisma de grande valor ecolóxico a nivel local. A formación impartida ó voluntariado e os traballos realizados centráronse nas técnicas para frear a expansión dunha planta exótica invasora, a herba das pampas (Cortaderia selloana). As persoas voluntarias aprenderon a retirar as espigas para evitar a dispersión de pole e sementes desta gramínea, a importancia da erradicación dos exemplares de curta idade para evitar que acaden tamaños que dificultan moito o seu manexo en menos dun ou dous anos. Por último, no caso dos grandes exemplares, se traballaron as técnicas de recortado da mata coa desbrozadora, de cortado do pe coa motoserra e finalmente arrincado da raíz con sachos. Un traballo duro como puidemos comprobar. A pesares disto hai que felicitar ó voluntariado participante na xornada xa que conseguiron eliminar un total de once exemplares, deles cinco de grande tamaño. O peso total das plantas eliminadas rondaba os 50kg de peso.A xornada de voluntariado tamén permitiu un achegamento á biodiversidade da Xunqueira do Lagares, mediante a identificación de especies de interese que o grupo puido observar: as cercetas comúns (Anas crecca), un escancer (Anguis fragilis) depredando unha lesma, a amenta de lobo (Lycopus europaeus) ou a espectacular floración na xunqueira das abondosisimas estreliñas das xunqueiras (Aster tripolium).
3/9/24
22-9-24 Convocatoria de actividade de voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares
A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.
________________________________
La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desembocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil.
1/8/24
31-7-24. Resumo da xornada de voluntariado na Xunqueira do Lagares
O pasado 31/7/24 un grupo de voluntarios continuou e rematou a eliminación dun grande exemplar da planta exótica invasora Cortaderia selloana (Herba das pampas) na Xunqueira do Lagares. Dito exemplar, orixinalmente, tiña un perímetro duns 2m. Ademais, contouse coa visita dun equipo da productora Trespés que están a elaborar unha serie de vídeos sobre as especies invasoras.
O proceso de eliminación deste exemplar de talla grande foi realizado en diferentes xornadas ó longo do ano mediante a seguinte serie de pasos:
- Cortáronse as flores en espiga para evitar que seguira espallando sementes. Este material reproductivo ten que ser depositado no lixo.
- Recortouse a mata cunha máquina cortasebes ata que so ficara a base da planta. As follas da mata quedan na zona e apodrecen.
- Cunha motoserra cortouse a base da planta para que soamente quedaran as raíces coas bases dos talos, a parte superior da mata pode quedar no terreo aprodrecendo pero convén revisar que non teña capacidade de agromar de novo.
- Finalmente e coa axuda de sachos arrincáronse as raíces coas bases dos talos. Estes propágulos non se poden deixar no campo, deben de botarse ó lixo.
- Unha vez eliminado o exemplar hai que plantar especies autóctonas que recolonicen a superficie ocupada pola planta exótica.
El proceso de eliminación de este ejemplar de talla grande fue realizado en diferentes jornadas al largo del año mediante la siguiente serie de pasos:
- Se cortaron las flores en espiga para evitar que se esparzan las semillas. Este material reproductivo tiene que ser depositado en la basura.
- Se recortó la mata con una máquina cortasetos hasta que solo haya quedado la base de la planta. Las hojas de la mata quedan en la zona y se pudren.
- Con una motosierra se cortó la base de la planta para que solamente permanezcan las raíces con las bases de los tallos, la parte superior de la mata puede quedar en el terreno pudriéndose pero conviene revisar que no tenga capacidad de brotar de nuevo.
- Finalmente y con la ayuda de azadones se arrancaron las raíces con las bases de los tallos. Estos propágulos no se pueden dejar en el campo, deben de echarse a la basura.
- Una vez eliminado el ejemplar hay que plantar especies autóctonas que recolonicen la superficie ocupada por la planta exótica.





















