Un grupo de sete persoas voluntarias participaron nesta nova xornada medioambiental na Xunqueira do Lagares, unha marisma de grande valor ecolóxico a nivel local. A formación impartida ó voluntariado e os traballos realizados centráronse nas técnicas para frear a expansión dunha planta exótica invasora, a herba das pampas (Cortaderia selloana). As persoas voluntarias aprenderon a retirar as espigas para evitar a dispersión de pole e sementes desta gramínea, a importancia da erradicación dos exemplares de curta idade para evitar que acaden tamaños que dificultan moito o seu manexo en menos dun ou dous anos. Por último, no caso dos grandes exemplares, se traballaron as técnicas de recortado da mata coa desbrozadora, de cortado do pe coa motoserra e finalmente arrincado da raíz con sachos. Un traballo duro como puidemos comprobar. A pesares disto hai que felicitar ó voluntariado participante na xornada xa que conseguiron eliminar un total de once exemplares, deles cinco de grande tamaño. O peso total das plantas eliminadas rondaba os 50kg de peso.A xornada de voluntariado tamén permitiu un achegamento á biodiversidade da Xunqueira do Lagares, mediante a identificación de especies de interese que o grupo puido observar: as cercetas comúns (Anas crecca), un escancer (Anguis fragilis) depredando unha lesma, a amenta de lobo (Lycopus europaeus) ou a espectacular floración na xunqueira das abondosisimas estreliñas das xunqueiras (Aster tripolium).
23/9/24
22-9-24 Resumo da xornada de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario