Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



20/10/24

20-10-24 Resumo da xornada de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares


Un grupo de persoas voluntarias adicou parte da mañán do domingo á limpeza das sinalizacións ambientais da Xunqueira do Lagares. 
A instalación de carteis sinalizadores e interpretativos constitúe unha boa forma poñer en valor un espazo natural, xa que permite ás persoas visitantes decatarse da importancia dos valores naturais da zona que está a percorrer. 
Na Xunqueira do Lagares hai tres carteis sinalizadores do espazo natural nas zonas de maior tránsito (instalados hai anos pola propia Asociación Fontaíña) e dous paneis interpretativos sobre avifauna da marisma (instalados polo Concello de Vigo e intregrados na senda do Lagares). 

A Asociación Fontaíña, mediante actividades de voluntariado ecolóxico, mantén en bo estado estas sinalizacións, reparando pequenos desperfectos, limpando as pintadas e aplicando un verniz protector contra graffitis.


No hay comentarios: