15/4/08
Asemblea Xeral Extraordinaria
1º) Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral anterior.
2º) Elección da Xunta Directiva da Asociación.
3º) Rogos e preguntas.
Os socios e socias que desexen delegar o seu voto noutro socio ou socia poden solicitar o envío do documento de delegación de voto en Asembleas Xerais de Fontaíña na súa dirección de correo electrónico.
9/4/08
Alternativas alimentarias para os liñaceiros
Nembargantes, a eliminación desta especie podería supoñer un atranco para as poboacións de liñaceiros que pasan boa parte do ano nesta franxa litoral, pois estes paxaros gostan moito de peteirar nas sementes e gromos desta planta, tal e como xa nos indicara un gameleiro da zona.
Para quen non coñeza esta ave, débese sinalar que o liñaceiro (Carduelis cannabina) é un paseriforme moi comun en campos, dunas e ermos. Resulta especialmente chamativo polo peito de cor vermella que presentan os machos da especie.
Coa finalidade de evitar unha perda de recursos alimentarios para esta especie iniciouse, ao mesmo tempo que se investigaba como controlar a Arctotheca, unha liña de traballo para fornecer os terreos de Fontaíña con plantas autóctonas do litoral que servisen de alimento a liñaceiros e xílgaros, paseriformes habituais nas invernadas das dunas galegas. A especie na que se está a traballar foi o cardo peiteador ou cardencha (Dipsacus fullonum), unha planta especialmente atractiva para os paxaros granívoros e que ademais resulta moi habitual das dunas fixas e terreos litorais; de feito os cardiños das imaxes adxuntas proceden de sementes colleitadas nas dunas de Liméns (Cangas do Morrazo) e cultivadas polos voluntarios da Asociación Fontaíña.
Os pequenos Dipsacus foron plantados o martes, 8 de abril, aproveitando o tempo tan chuvioso que está a acontecen neste comezo de mes. A partires de agora se realizará un seguimento dos exemplares repoboados para comprobar a súa supervivencia e utilidade como alimento para os liñaceiros da Fontaíña.
1/4/08
Loitando contra Arctotheca
10/3/08
Novo obradoiro medioambiental da Asociación Fontaíña
6/3/08
Asociación Fontaíña: actividades Marzo 2008
Deseguido vos informamos das vindeiras actividades da asociación Fontaíña ao longo do mes de marzo de 2008. Esperamos sexan do voso interese e vos animamos a participar.
- Sábado 8/3/08 de 10 a 13h. Obradoiro da Natureza (para rapaces de 8 a 12 anos inscritos no grupo xuvenil* de Fontaíña) no tramo litoral Praia da Fontaíña-Xunqueira do Lagares (lugar de saída na praia de Fontaíña-Breadouro e lugar de chegada na ponte de madeira da Xunqueira do Lagares). Realizaremos un percorrido pola costa observando e debuxando animais e plantas que habitan neste ecosistema, para rematar a mañán cunha limpeza de residuos na foz do Lagares. Os rapaces teñen que traer lápices de cores, botas de auga e lubas de goma.
*Aínda fican algunhas prazas libres no Obradoiro da Natureza xuvenil, polo que aqueles rapaces interesados en participar nas súas actividades (un sábado ao mes pola mañán) so teñen que anotarse contactando con Fontaíña.
- Sábado 15/3/08 de 10-13h. Obradoiro polo Litoral na praia de Fontaíña: erradicación manual da planta exótica invasora Arctotheca calendula. Voluntarios necesarios: 15 prazas.
Calquera persoa que desexe participar so ten que inscribirse un día antes de cada actividade por calquera destas vías (indicar nome e teléfono de contacto):
Mandando un e-mail a
Enviando un SMS ao teléfono móbil 679457222.
Chamando ao citado teléfono e anotándose.
Inscribíndose na Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo (Tfno. 986810213).
25/2/08
Unha xornada de voluntariado a prol dos bosques autóctonos en Teis-Vigo
12/2/08
Asociación Fontaíña: Actividades Febreiro 2008
Venres 22/2. Asemblea Xeral Ordinaria de Fontaíña, que terá lugar ás 19:00 h. en primeira convocatoria e ás 19:30 h. en segunda no local da Asociación Cultural A Revolta, sito na rúa Real-nº32, Vigo.
Sábado 23/2 de 10 a 13h no Monte da Madroa (lugar de encontro: Praza dos Leóns, a carón do Vigozoo). Plantación de árbores autóctonas nos montes desta parroquia, en colaboración coa Comunidade de Montes de Teis. Voluntarios necesarios: 30 prazas. Sería necesario que aqueles participantes que dispoñan dalgunha ferramenta para plantar árbores (sacho, legón, laia ou similar) a leven á actividade. OLLO¡ O prazo de inscrición para esta actividade rematará o domingo 17 de febreiro.
Martes 26/2, 10:30-13h. Bricovoluntarios na Xunqueira do Lagares*: limpeza de lixo e reparación de carteis sinalizadores. Voluntarios necesarios: 7 prazas.
Venres 29/2, 10:30-13:00. Bricovoluntarios na Xunqueira do Lagares*: limpeza de lixo e reparación de carteis sinalizadores. Voluntarios necesarios: 7 prazas.
Calquera persoa que desexe participar so ten que inscribirse un día antes de cada actividade por calquera destas vías (indicar nome e teléfono de contacto):
Mandando un e-mail a fontainhavigo@yahoo.es
Enviando un SMS ao teléfono móbil 679457222.
Chamando ao citado teléfono e anotándose.
Inscribíndose na Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo (Tfno. 986810213).
*Para as actividades na Xunqueira do Lagares o punto de encontro dos voluntarios será na ponte de madeira do Paseo Peonal. Nesta marisma os voluntarios teñen que traer sempre lubas, botas de goma e traxe de augas. En caso de que non teñan dito material podenno solicitar (indicando talla) no intre da inscrición.
