Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



17/10/17

"Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible.- Junquera del Lagares limpia: Con tu ayuda es posible"


O vindeiro sábado 21 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade principal de limpeza de lixo e un pequeno grupo de de eliminación da planta exótica invasora herba da pampa (Cortaderia selloana) na Xunqueira do Lagares. 


A actividade forma parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible", e conta co apadriñamento e patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO Birdlife e Ecoembes.




Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente.

Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas luvas e botas.

O número de prazas é limitado.

Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable levar roupa e calzado cómodos.

As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e teléfono.

No hay comentarios: