A Sociedade Galega de Historia Natural organiza en Pontevedra, a través da delegación desta provincia I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade 2017, que se desenvolverá o vindeiro 25/11/17 na Escola Universitaria de Enxeñería Forestal, Campus de Pontevedra, da Universidade de Vigo. A inscripción é aberta e gratuíta e nesta xornada farase unha revisión dos principais temas do patrimonio natural dende un punto de vista amplo.
Na sesión de serán, ás 17:00h, participará a Presidenta de Fontaíña, Margarita Rubido, cunha ponencia titulada "25 anos restaurando ecosistemas litorais en Vigo".
Promete ser unha xornada moi interesante, pola cantidade e variedade de experiencias que alí se contarán.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario