Voz Natura é un sobranceiro programa de educación medioambiental organizado pola Fundación Santiago Rey Fdez.-Latorre (Grupo La Voz de Galicia-Radio Voz) que xa vai pola súa 21ª edición, na que participan 350 centros educativos e algunhas asociacións ecoloxistas.
Voz Natura está a apoiar, novamente, as actividades de Fontaíña mediante unha axuda económica de 500€, que permitiran adquirir ferramenta e material para realizar traballos de voluntariado ecolóxico en zonas do litoral vigués. Adicaremos unha especial atención ó patrimonio etnográfico, tema protagonista desta edición 2017-18, divulgando e poñendo en valor as gamelas coruxeiras da praia da Fontaíña.
Imaxe tomada de http://unamiradaalariadevigo.blogspot.com.es |
No hay comentarios:
Publicar un comentario