O vindeiro xoves 17 de decembro a partires das 20:30 h. en O Lar do Queixa (Heraclio Botana, 6, Vigo) terá lugar a oitava
actividade de celebración do X Aniversario dos censos de aves acuáticas da
Asociación Fontaíña. Desta volta trátase da palestra “Observación
de aves no esteiro do Miño” que será impartida por un membro de Anabam,
Asociación Naturalista do Baixo Miño.
As actividades de celebración rematarán o 26-12-15 cun roteiro de día completo polo esteiro do Miño. A actividade
será guiada polo monitor de ornitoloxía da asociación. A inscripción é obrigatoria enviando un correo electrónico a diegodalimia@gmail.com indicando
o número de teléfono e se se dispón de prismáticos ou non (de non telos
facilitaremos uns).
Quedaremos na estación de autobuses de Vigo ás 10:15 h.
(porta da Avda. de Madrid) para chegar a Salcidos sobre as 11:45 h., hora na
que comezaremos a camiñar polo esteiro onde xantaremos (cada quen debe levar bebida e xantar). Despois de disfrutar de aves
como a aguia peixeira (Pandion haliaetus),
o mergullón de pescozo negro (Podiceps
nigricollis) ou o carrán cristado (Thalasseus
sandvicensis), colleremos o bus de
volta ás 18 h. para estar sobre as 19:30 h. en Vigo de novo.
Recoméndase levar roupa e
calzado cómodo, e chuvasqueiro. O número de prazas é limitado.
Dende a asociación Fontaíña
queremos dar o noso máis fondo agradecemento a todas as persoas que fixeron
posible que se levaran a cabo estas actividades e ás persoas que participaron
nas mesmas. Moitas grazas a tod@s ;-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario