O vindeiro xoves 3 de decembro a partires das 20:30
h. en O Lar do Queixa (Heraclio
Botana, 6, Vigo) terá lugar a séptima actividade de
celebración do X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña.
Desta volta trátase da palestra “Grupo
de Anelamento Anduriña: estacións de esforzo constante e programa de anelamento
de aves limícolas” que impartirá Antonio
F. Cordeiro, presidente do Grupo de Anelamento Anduriña.
As actividades de celebración continuarán ó
longo de todo o outono como podedes ver na listaxe que vén a continuación. Colgarase
información en detalle de cada unha no noso blog: http//:
fontainhavigo.blogspot.com
2005-2015
X
Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña
Palestras (xoves ás 20:30 h. en O Lar do Queixa, Heraclio Botana 6,
Vigo) e actividades de observación de aves
Xoves
1-10-15: Rede de observación de Aves e Mamíferos mariños (RAM). Xulio Valeiras
(RAM)
Sábado
3-10-15: celebración do Día das Aves realizando a RAM en Cabo Silleiro (9-12
h.) (Inscripción obrigatoria)
Xoves
22-10-15: Aves urbanas: a súa importancia e conservación. Gustavo Ferreiro
& Encarna González (Sociedade Española de Ornitoloxía)
Xoves
5-11-15: Presentación en Vigo do libro “Cuándo ver aves en Galicia”. Antonio
Sandoval & Cosme Damián Romay
14-11:
roteiro pola praia da Xunqueira, Moaña. Saída ás 9:15 h. da estación marítima
de Vigo (Inscripción obrigatoria)
Xoves
19-11-15: Censos de aves invernantes en Galicia. Membro da SGHN: Sociedade
Galega de Historia Natural
Xoves
3-12-15: Grupo de Anelamento Anduriña: estacións de esforzo constante e
programa de anelamento de aves limícolas. Antonio F. Cordeiro (Grupo de
Anelamento Anduriña)
Xoves
17-12-15: Observación de aves no esteiro do Miño. Membro de Anabam: Asociación
Naturalista do Baixo Miño
Sábado
19-12-15: roteiro polo esteiro do Miño, A Guarda. Saída ás 10:15 h. da estación
de autobuses de Vigo (Inscripción obrigatoria)
Máis info e inscripcións para os roteiros en diegodalimia@gmail.com (Diego R. Vieites)
No hay comentarios:
Publicar un comentario