O vindeiro sábado 2 de xaneiro
pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase a XII edición censo de aves invernantes do
treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte
(Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.
O lugar de encontro será en
Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.
O número de prazas é limitado
(7 voluntarios/as).
Nesta actividade os e as
participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e
axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu
percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito
de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
Co gallo do X aniversario
desta actividade, en 2015 leváronse a cabo diferentes actividades relacionadas
coa ornitoloxía como charlas, excursións,... das que tivéchedes máis
información neste blogue. Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a
todas as persoas que colaboraron nestas actividades en
particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.
As persoas interesadas teñen
que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com
indicando o número de teléfono e se se precisan prismáticos.
É
recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario