O vindeiro xoves 19 de novembro a partires das 20:30 h. en O Lar do Queixa (Heraclio Botana, 6, Vigo) terá lugar a sexta
actividade de celebración do X Aniversario dos censos de aves acuáticas da
Asociación Fontaíña. Desta volta trátase da palestra “Censos de aves invernantes en Galicia” que impartirá Serafín González, presidente da
Sociedade Galega de Historia Natural.
As actividades de celebración continuarán ó
longo de todo o outono como podedes ver na listaxe que vén a continuación. Colgarase
información en detalle de cada unha no noso blog: http//:
fontainhavigo.blogspot.com
2005-2015
X Aniversario dos censos de aves acuáticas da
Asociación Fontaíña
Palestras (xoves ás 20:30 h. en O Lar do
Queixa, Heraclio Botana 6, Vigo) e actividades de observación de aves
Xoves 1-10-15: Rede de observación de Aves e Mamíferos
mariños (RAM). Xulio Valeiras (RAM)
Sábado 3-10-15: celebración do Día das Aves realizando
a RAM en Cabo Silleiro (9-12 h.) (Inscripción obrigatoria)
Xoves
22-10-15: Aves urbanas: a súa importancia e conservación. Gustavo Ferreiro
& Encarna González (Sociedade Española de Ornitoloxía)
Xoves
5-11-15: Presentación en Vigo do libro “Cuándo ver aves en Galicia”. Antonio Sandoval & Cosme Damián Romay
14-11: roteiro pola praia da Xunqueira, Moaña. Saída
ás 9:15 h. da estación marítima de Vigo (Inscripción obrigatoria)
Xoves 19-11-15: Censos de aves invernantes en Galicia.
Membro da SGHN: Sociedade Galega de Historia Natural
Xoves 3-12-15: Grupo de Anelamento Anduriña: estacións
de esforzo constante e programa de anelamento de aves limícolas. Antonio F.
Cordeiro (Grupo de Anelamento Anduriña)
Xoves 17-12-15: Observación de aves no esteiro do
Miño. Membro de Anabam: Asociación Naturalista do Baixo Miño
Sábado 19-12-15: roteiro polo esteiro do Miño, A
Guarda. Saída ás 10:15 h. da estación de autobuses de Vigo (Inscripción
obrigatoria)
Máis info e inscripcións
para os roteiros en diegodalimia@gmail.com (Diego R. Vieites)
No hay comentarios:
Publicar un comentario