11/2/11
Suspendida a excursión dos rapaces ó Esteiro do Miño
22/1/11
Voznatura: Resumo das actividades de decembro e xaneiro cos rapaces do Obradoiro da Natureza
Domingo 12/12/10 de 10:00 a 13:00h. Percorrido polos Montes de Saiáns. Realizouse un itinerario polos montes comunais de Saiáns e finalmente o grupo achegouse ata os muíños do Regato de Saiáns, onde visitamos estas fermosas e vellas construcións e aproveitamos tan excepcional entorno para tomar un avituallamento. Na primeira metade da mañan realizamos pequena plantación de carballos nunha zona en reforestación. Os participantes desta actividade foron: Miguel, Sabela, Ruth, Mónica e Edu.
Domingo 16/1/11 de 10 a 13h. Traballos medioambientais na Xunqueira do Lagares. Os nenos participantes levaron a cabo unha pequena plantación de árbores de ribeira. En total, entre carballos, amieiros, salgueiros e loureiros, se plantaron unhas trinta arboriñas. Xusto cando se rematou a plantación comezou a chover, aproveitando este contratempo para ir tomar un refresco a un bar próximo. Os participantes nesta actividade foron: Lucía, Miguel, Sabela, Sira, Xosé, Eliana, Madai, Georgina, Ruth, Cruz, Mónica e Edu.
7/1/11
AVISO IMPORTANTE: Suspendido o censo de aves
Dita actividade se traslada para o domingo 16/1/11, sendo o lugar de encontro en Cabo de Mar as 9:00h.
3/1/11
Próxima actividade: Censo de aves invernantes na costa de Vigo
2/1/11
Á terceira vai a vencida: Resumo da actividade de voluntariado ambiental en Cabo de Mar
Traballos realizadospolos voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado: Reparación de valados, eliminación de pintadas nos carteis sinalizadores do espazo natural, eliminación de flora exótica e limpeza de lixo e entullos das dunas.
Horario: 10:00-12:00 h.
Asistentes: Miren, Isabel, Juan, Alberto e Edu.
- Reparación de valados: un grupo de dous voluntarios fixo unha revisión xeral do perímetro do valado coa finalidade de localizar desperfectos e reparalos. Fíxose especial fincapé nas grapas metálicas que suxeitan o aramio ós postes de madeira.
- Eliminación de pintadas dos carteis sinalizadores: outro grupo de dúas voluntarias procedeu limpar os grafitis que emporcallaban os carteis sinalizadores nos accesos a Cabo de Mar, mediante panos, disolvente e líquido limpador multiusos. Posteriormente se aplicará un barniz antigraffiti coa finalidade de prevenir novos actos vandálicos.
- Limpeza de residuos e entullos: os dous voluntarios que repararon o valado, unha vez rematada a súa tarefa procederon a limpar de residuos e entullos a zona de dunas protexidas. Os entullos proceden dun vello soterramento de restos dun quiosco na década dos 70 e o vento vainos desenterrando pouco a pouco. En total se retiraron uns 30kg de entullo e 5 kg de lixo.
- Eliminación de flora exótica: localizouse un rebrote de uña de gato (Carpobrotus sp.) na zona onde se estaba a retirar entullo e foi arrincado. Hai que lembrar que a uña de gato é unha planta considerada como bioinvasora na península ibérica e que inzaba a case totalidade estas dunas da praia do Cocho das Dornas ata os anos 90 do século XX, antes de iniciarse o proxecto de recuperación desta zona.
28/12/10
AVISO: Suspensión da actividade de voluntariado en Cabo de Mar
Dita actividade se traslada para o mércores 29/12 de 10 a 12h no mesmo lugar.
Máis información no tfno de Fontaíña 679457222.
Desculpade as molestias ocasionadas.
12/12/10
Resumo do obradoiro polo litoral realizado nas Praias de Fontaíña e Baluarte o 11-12-10 polos voluntarios da OMV de Vigo
Traballos realizados: Reparación de valados e paneis informativos, eliminación de flora exótica, limpeza das dunas, colocación de carteliños informativos e poda dos piñeiros. Horario: 10:00-12:00 h.
Asistentes: Rosa, Pablo, Seraphine, Mª de los Angeles, Rossana, Jose Manuel, Oscar, Ana Belén, Rosalía, Pilar e Edu.
a) Reparación de valados: un grupo de tres voluntarios levou a cabo o reforzamento dun tramo de valado onde faltaban estacas. En total se repuxeron dez estacas que faltaban.

