Traballos realizadospolos voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado: Reparación de valados, eliminación de pintadas nos carteis sinalizadores do espazo natural, eliminación de flora exótica e limpeza de lixo e entullos das dunas.
Horario: 10:00-12:00 h.
Asistentes: Miren, Isabel, Juan, Alberto e Edu.
Esta actividade estaba inicialmente programada para o 21/12 de 17 a 18:30h pero foi cambiada para o seguinte martes 28/12 pola tarde, xa que coincidía coa homenaxe ós voluntarios realizada polo Concello de Vigo no Antigo Reitorado. Na mañán da segunda data elexida comezou a chover de xeito persistente, polo que foi necesario cambiar de novo a data, elexíndose a seguinte mañán (de 10 a 12h) do mércores 29/12, avisándose por teléfono os voluntarios anotados na lista que enviou a OMV. Por mor deste segundo cambio de data a última hora, a unha serie de voluntarios lles resultou imposible asistir á actividade.
Inicialmente se fixo un reparto de tarefas, dividíndose en dous grupos ós voluntarios. Posteriormente se entregou o material necesario (luvas, chalecos da OMV, bolsas e ferramenta –maletín bricolaxe, laia, angazo, maza- e material funxible –aramio, grapas, produtos de limpeza e panos-):
- Reparación de valados: un grupo de dous voluntarios fixo unha revisión xeral do perímetro do valado coa finalidade de localizar desperfectos e reparalos. Fíxose especial fincapé nas grapas metálicas que suxeitan o aramio ós postes de madeira.
- Eliminación de pintadas dos carteis sinalizadores: outro grupo de dúas voluntarias procedeu limpar os grafitis que emporcallaban os carteis sinalizadores nos accesos a Cabo de Mar, mediante panos, disolvente e líquido limpador multiusos. Posteriormente se aplicará un barniz antigraffiti coa finalidade de prevenir novos actos vandálicos.
- Limpeza de residuos e entullos: os dous voluntarios que repararon o valado, unha vez rematada a súa tarefa procederon a limpar de residuos e entullos a zona de dunas protexidas. Os entullos proceden dun vello soterramento de restos dun quiosco na década dos 70 e o vento vainos desenterrando pouco a pouco. En total se retiraron uns 30kg de entullo e 5 kg de lixo.
- Eliminación de flora exótica: localizouse un rebrote de uña de gato (Carpobrotus sp.) na zona onde se estaba a retirar entullo e foi arrincado. Hai que lembrar que a uña de gato é unha planta considerada como bioinvasora na península ibérica e que inzaba a case totalidade estas dunas da praia do Cocho das Dornas ata os anos 90 do século XX, antes de iniciarse o proxecto de recuperación desta zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario