Domingo 12/12/10 de 10:00 a 13:00h. Percorrido polos Montes de Saiáns. Realizouse un itinerario polos montes comunais de Saiáns e finalmente o grupo achegouse ata os muíños do Regato de Saiáns, onde visitamos estas fermosas e vellas construcións e aproveitamos tan excepcional entorno para tomar un avituallamento. Na primeira metade da mañan realizamos pequena plantación de carballos nunha zona en reforestación. Os participantes desta actividade foron: Miguel, Sabela, Ruth, Mónica e Edu.
Domingo 16/1/11 de 10 a 13h. Traballos medioambientais na Xunqueira do Lagares. Os nenos participantes levaron a cabo unha pequena plantación de árbores de ribeira. En total, entre carballos, amieiros, salgueiros e loureiros, se plantaron unhas trinta arboriñas. Xusto cando se rematou a plantación comezou a chover, aproveitando este contratempo para ir tomar un refresco a un bar próximo. Os participantes nesta actividade foron: Lucía, Miguel, Sabela, Sira, Xosé, Eliana, Madai, Georgina, Ruth, Cruz, Mónica e Edu.
1 comentario:
Aos peques da Asociación Fontaíña: graaaaaacias polo voso traballo!!!!!. Dígamolo moi alto e moi clariño: sodes un orgullo para toda a comunidade medioambiental. Síiiiiiii
Equipo Voz Natura
http://facebook.com/voznatura.es
Publicar un comentario