5/5/23
Asistimos á III formación dos Apadrinamientos LIBERA 2022/23
3/5/23
Presentación de alegacións ó proxecto de recuperación do sistema dunar na praia de Samil
A Asociación Fontaíña vén de apresentar neste mes de abril alegacións ó proxecto “Recuperación do sistema dunar na praia de Samil T.M. Vigo. Fase 1A: entre Punta Samil e concesión administrativa Camaleón” do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra.
En ditas alegacións exponse que non se ten en conta a posible futura restauración dunar de hábitats catalogados, algúns deles presentes na zona restaurada pola nosa asociación tais como os Hábitats de Interese Comunitario “Dunas móbiles embrionarias” (código 2110) e “Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)” (código 2120), ou o Hábitat Prioritario “Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)” (código 2130) catalogados no Anexo I da Directiva 92/43/CEE do Consello de 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres .
Con respecto á fauna, este proxecto obvia as poboacións faunísticas dunares, hoxendía desaparecidas do areal de Samil mais no pasado recente, comúns en toda a franxa litoral afectada polo citado proxecto. Entre elas salienta a poboación de sapo de esporóns (Pelobates cultripes), presente no pasado en Cabo de Mar. Esta especie está catalogada no Catálogo Galego de Especies Ameazdas (Decreto 167/2011, do 4 de agosto polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas e actualízase dito Catálogo. Consellaría do Medio Rural. Xunta de Galicia) na categoría de “En Perigo de Extinción” e incluida no Anexo IV da Directiva 92/43/CEE do Consello de 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.
No tocante á desaparación dos ecosistemas dunares, o proxecto obvia a grande perda de milleiros de hectáreas de dunas que aconteceu no litoral galego en xeral e na costa viguesa en particular sendo Samil un dos exemplos máis devastadores neste senso. Ademais, cómpre lembrar que dende o ano 2001 a Asociación Fontaíña está a levar a cabo un Proxecto de Restauración Dunar en Cabo de Mar, a carón da área afectada polo proxecto ó que se dirixen estas alegacións.
Ditos traballos conseguiron devolver ó litoral de Alcabre parte dos hábitats perdidos co urbanismo descontrolado que padeceu esta área costeira na segunda metade do S. XX logrando recuperar hábitats catalogados tais como “Dunas móbiles embrionarias” (código 2110) ou “Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)” (código 2120) que antigamente aparecían masivamente na área do o proxecto “Recuperación do sistema donar na praia de Samil T.M. Vigo. Fase 1A: entre Punta Samil e concesión administrativa Camaleón” e que non voltarán a existir na zona afectada polo mesmo de levarse a cabo nos termos nos que se plantexa.
Con respecto á previsión da modificación do nivel do mar, o proxecto obvia a prevista suba do nivel do mar cunha estimación dun retroceso de liña de costa de 30 m debido á mudanza climática antropoxénica. Hai que comentar que dende finais dos anos noventa do S. XX vense notando unha redución paulatina da superficie do areal de Samil ano tras ano, que se agravará aínda máis se non se plantexa unha restauración do ecosistema dunar antigamente presente na zona.
A carenza dunha visión transversal entre a mudanza climática e a restauración ecolóxica cunha actuación urbanizadora e axardiñadora en troques doutra restauradora e holística profundizará no problema de perda de area do areal mentres que un enfoque baseado na recuperación do ecosistema dunar minguarao.
Hai que entender o areal como unha parte da duna e a duna como unha parte do areal debido ás interrelacións que presentan entre si en particular e coa dinámica litoral en xeral. Non ter en conta esto constitúe un grande erro en calquera actuación que se pretenda levar a cabo nun proxecto dunha zona con potencial de restauración dunar na actualidade.
Finalmente, a Asociación Fontaíña solicitou ó Servizo Provincial de Costas de Pontevedra: 1º) Que se reformule o proxecto “Recuperación do sistema dunar na praia de Samil T.M. Vigo. Fase 1A: entre Punta Samil e concesión administrativa Camaleón” de cara a converterse nun proxecto de restauración ecolóxica dunar que devolva ó litoral vigués as comunidades ecolóxicas dunares que se perderon coa urbanización salvaxe que sufriu esta área litoral na segunda metade do S. XX. 2º) Que se conceda unha entrevista a persoas desta asociación para debater polo miúdo as eivas descritas nas presentes alegacións co fin de subsanalas do proxecto en cuestión e que así cumpla a función que ten encomendada: restaurar a duna e praia da área N do areal de Samil.
2/5/23
Próxima actividade de voluntariado ambiental: 13-5-2023 na Xunqueira do Lagares
A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.
Por desgraza a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais. Un deles (e hai moitísimos máis) var ser combatidos mediante o traballo do voluntariado ambiental:
- Colonización de especies bioinvasoras como a Cortaderia selloana (Herba das pampas), incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.
- Tamén se detectaron na anterior actividade varios exemplares de cala (Zandeteschia aethiopica), unha bonita planta ornamental naturalizada na península ibérica pero que, por desgraza, en determinados ecosistemas (zonas litorais, fluviais ou húmidas) presenta certo caracter invasor). Convén controlala antes de que esta planta poidan inzar a Xunqueira do Lagares.
Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a
É recomendable levar roupa para traballar no campo e botas de auga pola elevada humidade do terreo. IMPORTANTE: Para traballar na eliminación da herba das pampas (Cortaderia selloana) é necesario vestir roupas que protexan a pel (camiseta de manga longa e pantalón longo), xa que as follas desta herba son moi cortantes e poden ferir ou irritar a pel.
__________________________________________________________________________________
El próximo sábado 13 de mayo, de 9:00 a 12:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira do Lagares. Se eliminarán algunos ejemplares de la hierba bioinvasora (Cortaderia selloana) y bulbos de cala (Zandeteschia aethiopica) en este interesante espacio natural vigués.
- Colonización de especies bioinvasoras como la Cortaderia selloana (Hierba de las pampas), incluída en el Catalogo Español de Especies Exóticas Invasoras.
- Tam se detectaron en la anterior actividad varios ejemplares de cala (Zandeteschia aethiopica, una bonita planta ornamental naturalizbiénada en la península ibérica pero que, por desgracia, en determinados ecosistemas (zonas litorales, fluviales ou húmedas) presenta cierto caracter invasor). Conviene controlarla antes de que esta planta pueda invadir la Xunqueira do Lagares.
Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente mediante el envío de un correo electrónico a

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil.
Es recomendable llevar ropa para trabajar en el campo y botas de agua por la elevada humedad del terreno. IMPORTANTE: Para trabajar en la eliminación de la hierba de las pampas (Cortaderia selloana) es necesario vestir ropas que protejan la piel (camiseta de manga larga y pantalón largo), ya que las hojas de esta hierba son muy cortantes y pueden herir o irritar la piel.
28/4/23
Continuamos coas actividades de conservación da natureza na Xunqueira do Lagares
12/4/23
Convocatoria de actividade na Xunqueira do Lagares o 22/04/2022-Programa Libera Apadriñamento de Espazos Naturais
A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.
Por desgraza a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais. Un deles (e hai moitísimos máis) var ser combatidos mediante o traballo do voluntariado ambiental:
- Colonización de especies bioinvasoras como a Cortaderia selloana (Herba das pampas), incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.
Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a
É recomendable levar roupa para traballar no campo e botas de auga pola elevada humidade do terreo. IMPORTANTE: Para traballar na eliminación da herba das pampas (Cortaderia selloana) é necesario vestir roupas que protexan a pel (camiseta de manga longa e pantalón longo), xa que as follas desta herba son moi cortantes e poden ferir ou irritar a pel.
__________________________________________________________________________________
El próximo sábado 22 de noviembre, de 9:00 a 12:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira del Lagares. En ella se eliminarán algunos ejemplares de la bioinvasora hierba de las pampas (Cortaderia selloana) y se limpiarán los carteles señalizadores de este valioso espacio natural vigués.
- Colonización de especies bioinvasoras como la Cortaderia selloana (Hierba de las pampas), incluída en el Catalogo Español de Especies Exóticas Invasoras.
Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente mediante el envío de un correo electrónico a

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil.
Es recomendable llevar ropa para trabajar en el campo y botas de agua por la elevada humedad del terreno. IMPORTANTE: Para trabajar en la eliminación de la hierba de las pampas (Cortaderia selloana) es necesario vestir ropas que protejan la piel (camiseta de manga larga y pantalón largo), ya que las hojas de esta hierba son muy cortantes y pueden herir o irritar la piel.
8/4/23
Próximas actividades de Fontaíña
Sábado 22/4/2023. Pola mañán estaremos eliminando exemplares de Cortaderia selloana, unha especie bioinvasora que afecta a vexetación e a paisaxe da Xunqueira do Lagares. Se da tempo tamén adecentaremos os carteis sinalizadores deste espazo natural.
Sábado 13/5/2023. Pola mañán estaremos eliminando exemplares de Cortaderia selloana, unha especie bioinvasora que afecta a vexetación e a paisaxe da Xunqueira do Lagares. Se da tempo tamén adecentaremos os carteis sinalizadores deste espazo natural.
Sábado 3/6/2023. Pola mañán estaremos limpando lixo na marisma, ó igual que moitos outros grupos de persoas que participan na iniciativa "1m2 contra la basuraleza" organizada por LIBERA (SEO e ECOEMBES).
Aquí teneis nuestra previsión de fechas para las próximas actividades de voluntariado ambiental en la Xunqueira do Lagares:
Sábado 22/4/2023. Por la mañana estaremos eliminando ejemplares de Cortaderia selloana, una especie bioinvasora que afecta a la vexetación y el paisaje de la Xunqueira do Lagares. Si da tiempo también limpiaremos los carteles señalizadores de este espacio natural.
Sábado 13/5/2023. Por la mañana estaremos eliminando ejemplares de Cortaderia selloana, una especie bioinvasora que afecta a la vexetación y el paisaje de la Xunqueira do Lagares. Si da tiempo también limpiaremos los carteles señalizadores de este espacio natural.
Sábado 3/5/2023. Por la mañana estaremos limpiando basura en la marisma, al igual que muchos otros grupos de personas que participan en la iniciativa "1m2 contra la basuraleza" organizada por LIBERA (SEO e ECOEMBES).
17/12/22
Resumo da actividade LIBERA 1m2 na Xunqueira do Lagares o 10/12/2022
Esta actividade formaba parte dunha campaña a nivel español denominada LIBERA 1m2 POLO CAMPO, BOSQUES E MONTE e foi convocada e organizada polo PROGRAMA LIBERA das entidades SEO-BIRDLIFE e ECOEMBES.
Retiráronse en total 76,5kg de lixo, dos que 52,5kg se correspondían con residuos sólidos urbanos non reciclables (fragmentos plásticos -sobre todo EPS ou poliestireno expandido-, residuos hixiénicos, envases deteriorados, cordas...), 8,5kg de residuos voluminosos (postes de madeira), 11,5kg de envases reciclables (botellas de PET-tereftalato de polietileno-, principalmente) e 4kg de botellas de vidro.Todos os residuos foron trasladados ata a illa de reciclaxe situada nas proximidades da ponte de Samil e depositados no correspondente contedor.
Tamén se realizou un traballo de ciencia cidadá, consistente dun transecto de 173m de lonxitude e 6m de ancho nas marxes do sendeiro do Lagares. En dita área se recolectaron, clasificaron e retiraron todos os residuos atopados seguindo as instrucións da aplicación E-LITTER.
El día 10 de diciembre de 2022 en horario de 10 a 12h, un grupo de 13 voluntarios/as, llevó a cabo una limpieza de basuraleza en la Xunqueira do Lagares.
Esta actividade formaba parte de una campaña a nivel español denominada LIBERA 1m2 POR EL CAMPO, MONTES E BOSQUES y fue convocada y organizada por el PROGRAMA LIBERA de las entidades SEO-BIRDLIFE y ECOEMBES.
Se retiraron en total 76,5kg de basura, de los que 52,5kg se correspondían con residuos sólidos urbanos no reciclables (fragmentos plásticos -sobre todo EPS o poliestireno expandido-, residuos higiénicos, envases deteriorados, cuerdas...), 8,5kg de residuos voluminosos (postes de madera), 11,5kg de envases reciclables (botellas de PET-tereftalato de polietileno-, principalmente) y 4kg de botellas de vidro.
Todos los residuos fueron trasladados hasta a isleta de reciclaje situada en las proximidades del puente de Samil y depositados en el correspondente contenedor.
También se realizó un trabajo de ciencia cidadana, consistente en un transecto de 173m de longitud y 6m de ancho en los márgenes del sendero del Lagares. En dicha área se recolectaron, clasificaron y retiraron todos los residuos encontrados siguiendo las instrucciones de la aplicación E-LITTER.





















