Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



31/8/20

As dunas de Cíes; artigo de Ceferino de Blas en Faro de Vigo

Reproducimos este interesante artigo de Ceferino de Blas no Faro de Vigo:

29/4/20

CANCELACIÓN ACTIVIDADES

Agardando que tod@s esteades ben, vémonos na obriga de anunciar a cancelación de todas as nosas actividades previstas para as seguintes semanas ata que se supere esta situación de pandemia, entre elas o censo de aves acuáticas en paso prenupcial que tíñamos programado para o mes de abril como de costume e que desta volta non se poderá levar a cabo.

En canto retomemos as actividades de voluntariado, seredes informados, por esta vía e a través do correo electrónico e o blogue.
Unha forte aperta e coidádevos moito. Vémonos nas dunas!

12/1/20

 
O ano pasado na Asociación Fontaíña decidimos deixar de realizar censos de aves acuáticas na costa de Vigo mais debido ás reiteradas solicitudes de que estas actividades seguiran e a que se uniu xente nova ó equipo de traballo que levamos a cabo estos censos, decidimos continuar alomemos un ano máis levando a cabo estas actividades de educación ambiental ornitolóxica.

Desde xeito, o vindeiro domingo 19 de xaneiro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase a XVI edición do censo de aves invernantes do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.


Ó longo deste 2020 tamén realizaremos os tradicionais censos de aves en paso prenupcial en abril e en paso posnupcial en setembro.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) ás 9:00 h.

O número de prazas é limitado.

Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por unha ornitóloga que colabora coa asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.

As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono.

É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.

Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nos censos de aves invernantes, en paso prenupcial e en paso posnupcial realizados nestos quince anos. A todos e todas moitas grazas. Vémonos nas dunas!