Agardando que tod@s esteades ben, vémonos na obriga de anunciar a
cancelación de todas as nosas actividades previstas para as seguintes
semanas ata que se supere esta situación de pandemia, entre elas o censo
de aves acuáticas en paso prenupcial que tíñamos
programado para o mes de abril como de costume e que desta volta non se
poderá levar a cabo.
En canto retomemos as actividades de voluntariado, seredes informados, por esta vía e a través do correo electrónico e o blogue.
Unha forte aperta e coidádevos moito. Vémonos nas dunas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario