Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



3/12/11

Actividades realizadas no outono de 2012

Deseguido facemos un resumo das diferentes actividades de voluntariado ambiental realizadas en setembro outubro e novembro de 2011.

Sabado 3/9/11. Censo de aves na Costa de Vigo.
Participaron 8 persoas.


Sábado 24/9. Obradoiro polo litoral en Fontaíña-Baluarte. Traballos realizados: Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados e arranxalos desperfectos, fertilizar e colocar titores ós piñeiros mansos. Horario: 10:00-13:00 h. Asistentes: En total asistiron 11 voluntarios.


Domingo 25/9/11. Acto da Comunidade de Mtes. de Teis. Presentación dunha revista. Asistiu un representante da Asociación Fontaíña.

Xoves 29/9/11. Bricovoluntarios en Cabo de Mar. Traballos realizados: Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, revisar e reparar o valado, limpar de maleza un camiño. Horario: 16:30-18:30 h. En total asistiron 9 voluntarios.

Luns 26/9/11. Entrevista en Radio Ecca. Nun programa monográfico sobor do voluntariado. Asistiron un representante de Fontaíña e outro dos voluntarios.


Mércores 5/10. Bricovoluntarios na praia da Fontaíña-Baluarte. Traballos realizados: Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados, arranxar pequenos desperfectos, reposición de carteliños informativos. Horario: 16:30-18:30 h. En total asistiron 6 voluntarios.


Sábado 22/10. Obradoiro polo litoral na Xunqueira do Lagares. Traballos realizados: Eliminación de flora exótica bioinvasora, limpeza de lixo na marisma, titorización de arboriñas. Horario: 10:00-13:00 h. En total asistiron 9 voluntarios.


Sábado 30/10. Asistencia ó I Encontro Galego de Custodia do Territorio. Participou como representante da Asociación Fontaíña Diego Rodríguez Vieites nunha mesa redonda sobor da custodia de ecosistemas fluviais e litorais.

1/9/11

Próxima actividade: censo de aves



O vindeiro sábado 3 de setembro, pola mañán (de 9 a 13h) se realizará o censo de aves en paso posnupcial do tramo de costa que vai dende Cabo de Mar ata Toralla, pasando pola Xunqueira do Lagares.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil, perto do restaurante Dornas -pechado-) as 9:00h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)

Nesta actividade os participantes irán acompañados por varios ornitólogos e axudarán a identificar e contar as aves que se atopen no seu percorrido. Dita información sirve para coñecer o estado medioambiental deste tramo de costa.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no tfno 679457222 ou por correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es

18/7/11

Resumo dos obradoiros no litoral e "Operación cabicha"



Luns 27/6. Bricovoluntarios en Fontaíña-Baluarte
Traballos realizados: Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados e arranxar pequenos desperfectos.
Horario: 17:00-19:00 h. Asistentes: En total asistiron 6 voluntarios, que fixeron as seguintes tarefas...
  1. Sinalización de valados deteriorados: un grupo de dous voluntarios levou a cabo a sinalización con cinta de cores de varios puntos de valado con pequenos desperfectos.
  2. Limpeza de lixo: dous voluntarios realizaron unha limpeza de lixo das dunas e da praia.
  3. Eliminación de flora exótica: se eliminaron exemplares de dúas plantas bioinvasores das dunas: Arctotheca calendula e Conyza canadensis.

Sábado 2/7/11. Obradoiro en Cabo de Mar.
Traballos realizados: Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, eliminar rebrotes de uña de gato, limpar entullo, revisar valado e reparar desperfectos pequenos.
Horario: 10:00-12:00 h. Asistentes: En total asistiron 9 voluntarios, que traballaron facendo...
  1. Sinalización de valados deteriorados: un grupo de voluntarios levou a cabo a sinalización con cinta de cores de varios puntos de valado con pequenos desperfectos.
  2. Limpeza de lixo: os voluntarios realizaron unha limpeza de lixo das dunas e da praia. Se retiraron catro bolsas grandes cheas de lixo.
  3. Eliminación de flora exótica: se buscaron exemplares dunha planta bioinvasora das dunas: Carpobrotus sp. pero non se atopou nin un so exemplar.

Luns 4/7/11. Inspección ambiental na Xunqueira.
Traballos realizados: Localización de exemplares de flora exótica invasora, catalogación de arboriñas plantadas nos dous derradeiros invernos
Horario: 10:00-12:00 h. Asistentes: En total asistiu 1 voluntariaque fixo dpus tipos de tarefas...
  1. Localización de exemplares de flora exótica bioinvasora: fíxose un control, de posibles rebrotes de herba das pampas (Cortaderia selloana) non atopándose nin un so exemplar.
  2. Catalogación de arboriñas plantadas nos dous derradeiros invernos: A medida que camiñaban o grupo trataba de localizar as arboriñas plantadas nos dous derradeiros anos. En xeral presentan bo aspecto, están titorizadas, destacando que nalgunhas zonas as malezas (silvas principalmente) están demasiado altas e sería convinte realizar un desbroce controlado (sen estragar as arboriñas). Proponse enviar un escrito ou solicitude ó Dpto. de Parques e Xardíns para que se encarguen do desbroce.

Luns 16/7. Operación Cabicha en Fontaíña-Baluarte.
Traballos realizados: Limpeza de cabichas na praia e campaña de concienciación cidadá. Horario: 10:00-13:00 h. Asistentes: En total asistiron 14 voluntarios que fixeron a seguinte actividade...

Primeiramente o monitores da actividade, procederon a pasar lista de asistencia. Despois fíxose unha breve explicación dos obxectivos da Operación Cabicha a metodolóxía de traballo.. Posteriormente se entregou o material necesario (luvas, chalecos da OMV, bolsas, recolledores de cabichas, angazos, aramio e ferramentas para valados) e os participantes foron divididos en tres grupos, desenvolvendo cada un deles diferentes tarefas, que foron explicadas tanto a nivel de motivos polos que se levaban a cabo como do sistema de traballo:
  1. Reparación de valados deteriorados: un grupo de dous voluntarios levou a cabo a reparación de varios puntos de valado con pequenos desperfectos.
  2. Angazado da area:: catro voluntarios realizaron un pase cos angazos sobre a area da praia, coa finalidade de remover as cabichas que estaban soterradas.
  3. Retirada das cabichas: o resto de voluntarios, oito persoas se adicaron a retirar as cabichas. Dispoñíanse detrás dos angazos e situabanse nunha ringleira dende a beira do mar ata as dunas.
  4. Reparto de cinceiros: estaba previsto o reparto de cinceiros de praia, pero, como consecuencia do tempo nubrado, non había xente na praia.
Tamén estaba presente o Concelleiro de Voluntariado, Santos Hector, atendendo ós medios de comunicación que acudiron a recoller información. Unha vez rematados os traballos, o grupo de voluntarios reuniuse para recoller o material e se lles dou un avituallamento (bocadillo e botellín de auga). Aproveitouse tamén para facer unha valoración da sesión de traballo. A impresión dos monitores é que o grupo fixo un bo traballo.
Eiqui tedes uns enlaces con novas sobor deste evento:

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

25/6/11

Actividades de voluntariado ambiental para o verán

Vos informamos do calendario de actividades medioambientais que a Oficina Municipal de Voluntariado, baixo a coordenación da Asociación Fontaíña, levará a cabo no verán:

Luns 27/6. Bricovoluntarios en Fontaíña-Baluarte. Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados e arranxar pequenos desperfectos. Horario: 17:00-19:00 h. Nº de prazas: 6. Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas.

Sábado 2/7. Obradoiro en Cabo de Mar. Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, eliminar rebrotes de uña de gato, limpar entullo, revisar valado e reparar desperfectos pequenos. Horario: 10:00-12:00 h. Nº de prazas: 10. Lugar de encontro e material necesario: Praia do Cocho das Dornas-Cabo de Mar, no Paseo de Samil (perto do restaurante Dornas e a praia da Fonte). No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas.

Luns 4/7. Inspección ambiental na Xunqueira. Identificación de impactos ambientais. Horario: 10:00-12:00 h. Nº de prazas: 5. Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira no Lagares, na estrada Muíños-Samil, perto da Depuradora.

Sábado 16/7. Operación Colilla en Fontaíña. Limpeza de cabichas na praia e campaña de concienciación cidadá. Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 30. Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas.

Xoves 11/8 Operación Cabicha. Reparto de cinceiros e campaña informativa en Fontaíña-Baluarte. Horario: 17:00-18:00 h. Nº de prazas: 7. Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro.

Martes 17/8. Operación Cabicha. Reparto de cinceiros e campaña informativa en Fontaíña-Baluarte. Horario: 17:00-18:00 h. Nº de prazas: 7. Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro.


Para participar en calquera destas actividades é obrigatorio:
a)Estar inscrito como voluntario/a na OMV (Oficina Municipal de Voluntariado) do Concello de Vigo: Pza. do Rei, s/n; 986810213; ofi.voluntariado@vigo.org
b)Contactar coa OMV e inscribirse para participar nas datas de interese.
Consultas no correo electrónico de Fontaíña fontainhavigo@yahoo.es

6/5/11

Asistencia á Festa de Fin de Curso VozNatura


Vos informamos de que o vindeiro 4 de xuño celebrarase a Festa de Fin de Curso VozNatura no Parque Acea de Ama, en Culleredo (A Coruña).

Nela exporanse os traballos de tódolos colexios e asociacións participantes no Concurso VozNatura 2010-11, ademais de numerosas actividades.

Podedes consultar máis información sobor desta festa
no seguinte enlace de VozNatura.

Tamén podedes ollar as fotos da festa do ano pasado neste enlace.

VozNatura vai poñer á nosa disposición un autobus gratuíto, sempre e cando haxa un número suficiente de asistentes. Necesitamos saber cantos de vos estaríades interesados en asistir (indicar número de persoas, tanto nenos/as como adultos). Poden vir tanto nenos participantes nas actividades de Fontaíña como os seus familiares e amigos (a única condición é que os nenos estean baixo coidado e responsabilidade dun adulto).

Pola nosa experiencia en anteriores edicións a Festa Voznatura está moi ben organizada e os rapaces o pasan xenial... Animádevos a vir!

Interesador contactar por e-mail coa Asociación Fontaíña.

Cursiño "Botánica Forestal de Galicia"

O curso é de carácter teórico-práctico, 6 horas de duración repartidas en dúas xornadas e se ofertan 25 prazas, tendo prioridade na inscrición aquelas persoas voluntarias que teñan participado regularmente nas actividades do Programa de Medio Ambiente da OMV.
Pretende aportar ós participantes coñecementos teóricos e prácticos que lles permitirán recoñecer as especies forestais galegas e incrementar a súa formación como voluntariado medioambiental forestal, xa iniciada en anteriores cursiños ofertados pola OMV.

Relatora do curso: Margarita Rubido Bará, Bióloga e Mestra


Programación:

Xoves 19/5/11. Sesión teórica: “Botánica forestal de Galicia: identificación das principais especies forestais galegas ”. A actividade se realizará na Sala de Conferencias da Biblioteca Pública Central de Vigo (r/Joaquín Yañez, 6; Casco Vello, Vigo) en horario de 18:00-20:00 h.


Sábado 21/5/11. Sesión práctica: Itinerario polo Parque Natural do Monte Aloia. Nesta visita, os participantes aprenderán, de xeito práctico, a identificar as principais especies forestais dos nosos montes e coñecerán as súas características ecolóxicas. Lugar de encontro: Os participantes trasladaranse ó Monte Aloia nun microbús, que partirá ás 9:30h da r/Areal, nº8 (Edificio do antigo Reitorado), e estarán de volta no mesmo lugar ás 14:00-14:30h.
Tamén deberán levar, se o desexan, o seu propio avituallamento para media mañán. AVISO IMPORTANTE: DURANTE O PERCORRIDO GUIADO NON ESTA PERMITIDO FUMAR, SALVO NOS 15 MINUTOS DE DESCANSO E AVITUALLAMENTO QUE SERAN DETERMINADOS POLA RELATORA DO CURSO, DACORDO COA EVOLUCIÓN DA ACTIVIDADE.

Os participantes recibirán, a finais de ano, un título acreditativo de ter realizado este cursiño de formación de voluntariado.

As persoas interesadas en participar deben anotarse na Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo (Tfno. 986810213, e-mail: ofi.voluntariado@vigo.org )

5/5/11

Traballos de voluntariado ambiental no areal de Fontaíña no mes de maio de 2011

Durante os meses de abril e maio de 2011 un grupo de voluntarios (Juan, Rafael, Antonio, Alberto, Jose, Miren, Pilar, Lourdes, Jose Manuel e Edu) levaron a cabo as seguintes tarefas medioambientais na praia e as dunas da Fontaíña:

  1. Reparación de valados: un grupo de cinco voluntarios levou a cabo a reconstrución dun tramo de valado duns 15m de lonxitude, que foi esnaquizado polos temporais de inverno. Tamén se repararon numerosos puntos de valado con desperfectos.
  2. Colocación dun cartel sinalizador: un grupo de tres voluntarios acometeu esta tarefa, consistente na colocación dun cartel sinalizador do espazo natural da praia da Fontaíña no seu acceso central. O cartel, en aluminio serigrafiado, vai suxeito ó solo mediante dous postes cunha base de formigón. Tamén leva unha protección de barniz antigrafiti.
  3. Abonado dos piñeiros: dous voluntarios se adicaron a aplicar un abono específico para os piñeiros mansos que bordean as dunas, coa finalidade de mellorar o seu crecemento.
  4. Limpeza de lixo: os dous voluntarios que remataran o abonado realizaron unha limpeza de lixo das dunas. Recolleronse uns 7kg.
Noraboa a todos eles polo traballo realizado. Graciñas.