A Asociación Fontaíña organiza unha actividade de formación de voluntariado ambiental. Trátase dun taller para coñecer o medio intermareal rochoso da ría de Vigo, concretamente na zona de Cabo Estai.
Será o vindeiro domingo 17 de maio de 2026, en horario de 8:50 a 12:20, para poder coincidir cunha boa baixamar que haberá ese domingo.
A visita estará guiada polo experto no medio mariño Roberto Costas, que nos descubrirá unha grande cantidade de organismos que habitan neste medio intermareal.

O número de prazas será reducido para evitar impactos polo pisoteo no medio intermareal e será necesario levar calzado impermeable e de sola dura para evitar esvaramentos (botas de auga, escarpíns, ou similar).
Aínda que non é obrigatorio, tamén é recomendable levar un bastón para camiñar entre as rocas, protección solar e algunha prenda de abrigo (se sopra vento pode facer bastante frío a esas horas). Outros materiais útiles poden ser unha lupa, prismaticos e unha toalla.


O lugar de encontro será na rúa do Arquitecto Antonio Cominges nº72, no cruce da baixada á Buraca. Hai unha parada de autobús moi perto (liña 11). Hora de encontro 8:50. Ás 9h iniciamos o roteiro que rematará sobre as 12:10.
ENLACE LOCALIZACION LUGAR DE ENCONTRO
ENLACE LOCALIZACION LUGAR DE ENCONTRO

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico ó enderezo de Fontaíña. Desde a asociación confirmaremos, o xoves 14/5, as persoas a lista de participantes (12 prazas).
fontainhavigo@yahoo.es
indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles; os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores








No hay comentarios:
Publicar un comentario