Luns 27/6. Bricovoluntarios en Fontaíña-Baluarte
Traballos realizados: Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados e arranxar pequenos desperfectos. Horario: 17:00-19:00 h. Asistentes: En total asistiron 6 voluntarios, que fixeron as seguintes tarefas...
- Sinalización de valados deteriorados: un grupo de dous voluntarios levou a cabo a sinalización con cinta de cores de varios puntos de valado con pequenos desperfectos.
- Limpeza de lixo: dous voluntarios realizaron unha limpeza de lixo das dunas e da praia.
- Eliminación de flora exótica: se eliminaron exemplares de dúas plantas bioinvasores das dunas: Arctotheca calendula e Conyza canadensis.
Sábado 2/7/11. Obradoiro en Cabo de Mar.
Traballos realizados: Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, eliminar rebrotes de uña de gato, limpar entullo, revisar valado e reparar desperfectos pequenos. Horario: 10:00-12:00 h. Asistentes: En total asistiron 9 voluntarios, que traballaron facendo...
- Sinalización de valados deteriorados: un grupo de voluntarios levou a cabo a sinalización con cinta de cores de varios puntos de valado con pequenos desperfectos.
- Limpeza de lixo: os voluntarios realizaron unha limpeza de lixo das dunas e da praia. Se retiraron catro bolsas grandes cheas de lixo.
- Eliminación de flora exótica: se buscaron exemplares dunha planta bioinvasora das dunas: Carpobrotus sp. pero non se atopou nin un so exemplar.
Luns 4/7/11. Inspección ambiental na Xunqueira.
Traballos realizados: Localización de exemplares de flora exótica invasora, catalogación de arboriñas plantadas nos dous derradeiros invernos Horario: 10:00-12:00 h. Asistentes: En total asistiu 1 voluntariaque fixo dpus tipos de tarefas...
- Localización de exemplares de flora exótica bioinvasora: fíxose un control, de posibles rebrotes de herba das pampas (Cortaderia selloana) non atopándose nin un so exemplar.
- Catalogación de arboriñas plantadas nos dous derradeiros invernos: A medida que camiñaban o grupo trataba de localizar as arboriñas plantadas nos dous derradeiros anos. En xeral presentan bo aspecto, están titorizadas, destacando que nalgunhas zonas as malezas (silvas principalmente) están demasiado altas e sería convinte realizar un desbroce controlado (sen estragar as arboriñas). Proponse enviar un escrito ou solicitude ó Dpto. de Parques e Xardíns para que se encarguen do desbroce.
Luns 16/7. Operación Cabicha en Fontaíña-Baluarte.
Traballos realizados: Limpeza de cabichas na praia e campaña de concienciación cidadá. Horario: 10:00-13:00 h. Asistentes: En total asistiron 14 voluntarios que fixeron a seguinte actividade...
Primeiramente o monitores da actividade, procederon a pasar lista de asistencia. Despois fíxose unha breve explicación dos obxectivos da Operación Cabicha a metodolóxía de traballo.. Posteriormente se entregou o material necesario (luvas, chalecos da OMV, bolsas, recolledores de cabichas, angazos, aramio e ferramentas para valados) e os participantes foron divididos en tres grupos, desenvolvendo cada un deles diferentes tarefas, que foron explicadas tanto a nivel de motivos polos que se levaban a cabo como do sistema de traballo:
- Reparación de valados deteriorados: un grupo de dous voluntarios levou a cabo a reparación de varios puntos de valado con pequenos desperfectos.
- Angazado da area:: catro voluntarios realizaron un pase cos angazos sobre a area da praia, coa finalidade de remover as cabichas que estaban soterradas.
- Retirada das cabichas: o resto de voluntarios, oito persoas se adicaron a retirar as cabichas. Dispoñíanse detrás dos angazos e situabanse nunha ringleira dende a beira do mar ata as dunas.
- Reparto de cinceiros: estaba previsto o reparto de cinceiros de praia, pero, como consecuencia do tempo nubrado, non había xente na praia.
Eiqui tedes uns enlaces con novas sobor deste evento:
La Voz de Galicia
Faro de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario