Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



1/9/11

Próxima actividade: censo de aves



O vindeiro sábado 3 de setembro, pola mañán (de 9 a 13h) se realizará o censo de aves en paso posnupcial do tramo de costa que vai dende Cabo de Mar ata Toralla, pasando pola Xunqueira do Lagares.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil, perto do restaurante Dornas -pechado-) as 9:00h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)

Nesta actividade os participantes irán acompañados por varios ornitólogos e axudarán a identificar e contar as aves que se atopen no seu percorrido. Dita información sirve para coñecer o estado medioambiental deste tramo de costa.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no tfno 679457222 ou por correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es

No hay comentarios: