XA ESTÁN CUBERTAS TODAS AS PRAZAS DISPONIBLES¡
O domingo 26 de outubro pola mañá (de 9 a 12-12,30 h.) realizarase un roteiro de observación de aves pola Xunqueira do Lagares.
A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na desembocadura do río Lagares que, apesares de non ser moi extensa en superficie, presenta unha variedade de especies de aves bastante salientable no contexto do municipio de Vigo. Pódense observar distintas especies de ardeidas, limícolas, gaivotas, o picapeixe, aves rapaces así como paseriformes de zonas marismeñas, agrícolas e forestais.Polo seu fácil acceso e variedade de hábitats resulta un lugar idóneo para iniciarse na observación de aves.
O lugar de encontro e remate do roteiro será o polideportivo municipal de Samil ás 9:00 h.
O número de prazas é limitado (25 persoas acompañadas por dúas persoas monitoras).
Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a
fontainhavigo@yahoo.es
indicando os seguintes datos:Nome participante/s
Tfno. de contacto
A asociación aportará un par de telescopios e algúns prismáticos pero sería recomendable que aqueles participantes que teñan posibilidade de facelo traian os seus binoculares. Por tratarse dunha actividade de formación de voluntariado, todos os/as participantes contarán coa cobertura do correspondente seguro de RC e accidentes.
Recoméndase levar calzado axeitado para camiñar polo campo no inverno e roupa cómoda. O roteiro é circular, duns 3km de lonxitude e dificultade baixa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario