Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



7/10/22

Resumo da actividade LIBERA 1m2 NATUREZA SEN LIXO na Xunqueira do Lagares o 25/9/2022

O día 25 de setembro de 2022 en horario de 10 a 12h, un grupo de 12 voluntarios/as, levou a cabo unha limpeza de lixo na Xunqueira do Lagares. 

Esta actividade formaba parte dunha campaña a nivel español denominada LIBERA 1m2 POLAR PRAIAS E MARES e foi convocada e organizada polo PROGRAMA LIBERA das entidades SEO-BIRDLIFE e ECOEMBES.

Retiráronse en total 32kg de lixo, dos que 24kg se correspondían con residuos sólidos urbanos non reciclables (fragmentos plásticos, residuos hixiénicos, envases deteriorados e un pneumático pequeno), 5kg de envases reciclables (botellas de polietileno, principalmente) e 3kg de botellas de vidro. Todos os residuos foron trasladados ata a illa de reciclaxe situada nas proximidades do campo de futbol de Comesaña e depositados no correspondente contedor.

Tamén se realizou un traballo de ciencia cidadá, consistente dun transecto de 126m de lonxitude e 6m de ancho na zona areosa situada na marxe da Foz do Lagares á altura da Ponte de Samil. En dita área se recolectaron, clasificaron e retiraron todos os residuos atopados seguindo as instrucións da aplicación MARNOBA. Os datos enviados serán validados e normalizados para a súa inclusión como datos adicionais do programa de seguimento de lixo mariño do Ministerio para la Transición Ecológica (MITERD).






No hay comentarios: