Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



7/9/22

Convocatoria actividade LIBERA 1m2 NATUREZA SEN LIXO na Xunqueira do Lagares o 25/9/2022




O vindeiro domingo 25 de setembro, de 10:00 a 12:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Realizarase unha limpeza de lixo deste interesante espacio natural vigués.

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, refuxio de numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha salina do SXVIII.

Por desgraza, a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais. Un deles (e hai moitísimos máis) vai ser combatido mediante o traballo do voluntariado ambiental. A presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares e as saídas de materiais polos sumidoiros, polo que resulta necesario retirar regularmente dito lixo para evitar que se acumule degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.

A actividade forma parte da campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes.

Poderá participar calquera persoa interesada, inscribíndose previamente, e a Asociación Fontaíña facilitará luvas, peto identificativo, auga e avituallamento; ademais de contar cun seguro de RC e accidentes. Para esta xornada haberá 12 prazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar nesta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 anos deben de vir acompañados por unha persoa adulta e os menores de 16 ata 18 anos traer esta autorización dos seus pais ou titores.

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

É recomendable levar roupa e calzado (botas de auga) para traballar e mancharse. Chuvasqueiro ou gorra de sol según a meteoroloxía.

__________________________________

El próximo domingo 25 de septiembre, de 10:00 a 12:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira do Lagares. Se realizará una limpieza de basura de este interesante espacio natural vigués.

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desmbocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, refugio de numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII.

Por desgracia, la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Uno de ellos (y hay muchísimos más) va a ser combatido mediante el trabajo del voluntariado ambiental. La presencia de residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares y las salidas de materiales por las alcantarillas, por lo que resulta necesario retirar regularmente esa basura para evitar que se acumule degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local.

La actividad forma parte de la campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO-Birdlife y Ecoembes.

Podrá participar cualquier persona interesada, inscribiéndose previamente, y la Asociación Fontaíña facilitará guantes, chlaeco, agua y avituallamento; además de contar con un seguro de RC y accidentes. Para esta jornada habrá 12 plazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar en esta actividad es imprescindible apuntarse previamente, mediante el envío de un correo electrónico a 
fontainhavigo@yahoo.es 

indicando los siguientes datos:
Nombre participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de 16 anos deben de venir acompañados por una persoa adulta y los menores de 16 hasta 18 anos traer esta autorización de sus padres o tutores.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 

Es recomendable llevar ropa y calzado (botas de agua) para trabajar y mancharse. Chubasquero o gorra de sol según la meteorología.

No hay comentarios: