Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



25/1/19

Actividade de voluntariado: Censo de aves invernantes 2019


O venres 25 de xaneiro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase a XV e derradeira edición do censo de aves invernantes do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.

Ó longo deste 2019 tamén realizaremos os tradicionais censos de aves en paso prenupcial en abril e en paso posnupcial en setembro mais a partires de agora deixaremos de realizar censos de aves e as actividades ornitolóxicas que desenvolveremos en Fontaíña serán doutra índole.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) ás 9:00 h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).

Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.

As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.comindicando o número de teléfono e se se precisan prismáticos.

É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.

Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nos censos de aves invernantes, en paso prenupcial e en paso posnupcial realizados nestos quince anos. A todos e todas moitas grazas. Vémonos nas dunas!

No hay comentarios: