O vindeiro sábado 15 de
setembro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase a XIV edición do censo de aves en
paso posnupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a
Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares. Nesta actividade debaterase a conveniencia
ou non de que a praia da Calzoa se convertira nun areal para cans.
O lugar de encontro será en
Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) ás 9:00 h.
O número de prazas é limitado
(7 voluntarios/as).
Nesta actividade os e as
participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e
aprenderán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu
percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito
de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
As persoas interesadas teñen
que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com
indicando o número de teléfono e se precisan prismáticos.
É
recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.
Dende a Asociación Fontaíña
queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboran nas actividades
ornitolóxicas en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en
xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario