Encontrarémonos no lugar de Breadouro, entre os areais de Fontaíña, Baluarte e do vao(Coruxo-Vigo).
O número de prazas é limitado (20 voluntarios/as). Poden asistir nenos e nenas acompañados/as dun adulto.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es Hai que traer gorra e é recomendable levar roupa e calzado cómodo para traballar.
As praias de Fontaiña é Baluarte son uns dos areais vigueses que contan con ecosistemas dunares en bo estado de conservación, resultado dun proxecto de voluntariado ambiental levado a cabo pola Asociación Fontaíña dende 1993. Ó longo de todo este tempo cabe sinalar a detección dun problema específico relacionado coa limpeza da area destas praias, xa que ó ser visitada maioritariamente por xente nova e de mediana idade, moitos/as deles/as persoas fumadoras, aparecen multitude de cabichas dispersas pola area, co que se xeran unha serie de problemas ambientais:
- Contaminación visual e química da area.
- Posibles afeccións a organismos que habitan na area dunha praia (plantas, invertebrados, microorganismos) cun alto valor ecolóxico.
- Redución da calidade da area dende o punto de vista do uso humano (bañistas, turismo,...).
A Asociación Fontaíña vén traballando regularmente a prol da solución deste problema mediante a organización anual da chamada “Operación Cabicha”, na que voluntarios da Asociación, nunha xornada de verán, peitean toda a praia recollendo desperdicios de pequeno tamaño (cabichas, plásticos, papeis, chapas,...) de orixe artificial, deixando os restos orgánicos, principalmente algas, para substento das comunidades biolóxicas que se asentan nesta praia. Evítase en todo caso promover a limpeza mecanica da praia con tractor, xa que o paso da maquinaria pesada sobre a duna podería deteriorala e, ademáis, o tamizado mecánico da area (útil en praias urbanizadas) neste caso perxudicaría a formación de dunas embrionarias na costa. Esa mesma xornada repartiranse cinceiros de praia entre os bañistas, realizándose ó mesmo tempo unha laboura informativa e de concienciación entre os usuarios da praia.
Máis información e resumos de anteriores actividades na web de Fontaíña http//: fontainhavigo.blogspot.com e no facebook de Fontaiña.
Consultas e inscricións no correo electrónico de Fontaíña fontainhavigo@yahoo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario