O vindeiro 13 de marzo a Obra Social “La Caixa” e a Xarxa
de Custòdia del Territori celebran o día das Especies Autóctonas, no marco do
proxecto “Tejiendo Redes para la custodia del territorio en España” (http://www.tejiendocustodia.org/).
Máis de 800 voluntari@s poderán participar nas 30
xornadas que se desenvolverán en todo o territorio nacional, e a Asociación
Fontaíña vai organizar unha delas (http://www.tejiendocustodia.org/events/dia-de-las-especies-autoctona-en-la-xunquiera-do-lagares/).
Deste xeito, o domingo 13 de marzo, de 10:00 a 13:00
horas, levaremos a cabo unha actividade de eliminación da planta exótica invasora
herba da pampa (Cortaderia selloana)
na Xunqueira do Lagares. Ademáis, aproveitaremos para coñecer un pouquiño máis
este espazo natural.
Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada
Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as
voluntarios/as deberán traer as súas lubas e botas.
O número de
prazas é limitado: 20 persoas (adultos).
Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.
É recomendable levar roupa e calzado cómodos.
As persoas
interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e teléfono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario