A C.M.V.M.C. de Teis leva moitos anos traballando a prol da recuperacións dos bosques autóctonos galegos mediante un proxecto continuo de eliminación das especies invasoras (sobre todo acacia negra) que inzaban os seus montes, e posteriormente repoboar con árbores autóctonas (carballos, cerdeiras, bidueiras,...) cuns resultados espectaculares.
Como pequeno apoio a esta fenomenal tarefa imos participar cun grupo de voluntarios nos dous plantíos de árbores autóctonas que organizará a Comunidade de Montes de Teis.
As actividades terán lugar nos montes de Teis os sábados 20 e 27 de febreiro de 2016 de 9:45 a 13h. O lugar de encontro será o Quiosco do Zoo (Praza dos Leóns, A Madroa, Vigo). As persoas voluntarias poderán participar nunha ou nas dúas plantación segun desexen. A actividade estará aberta a menores de idad, sempre que asistan acompañados dun adulto responsable deles. Haberá un grupo de monitores de Fontaíña para axudar e supervisar no traballo dos participantes, ós que se lles entregará lubas, ferramenta e arboriñas. Recoméndase ir con roupa comoda e axeitada para traballar no monte.
Para participar é obrigatorio inscribirse (o prazo finaliza o día 17 de febreiro as 20h) mandando un correo electrónico a fontainhavigo@yahoo.es ou chamando ó 679457222, indicando:
Nome e apelidos
Teléfono de contacto
E.mail
Idade, no caso dos menores.
Agardamos a túa participación¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario