Un ano máis, baixo a organización da Comunidade de Mtes. de Teis, participou a Asoc. Fontaíña cun grupo de voluntarios, adultos e nenos, plantando árbores autóctonas no Mte. da Madroa. A actividade celebrouse o domingo 19 de febreiro pola mañán (estaba programada par o 18 pero pospúxose pola choiva). Parabéns a tódolos participantes e noraboa ós comuneiros de Teis pola excelente laboura de recuperación dos bosques autóctonos que están a facer desde hai décadas.
1/3/17
Censo de aves invernantes: Un par de imaxes.
O pasado 28 de xaneiro un grupiño de voluntarios realizou a habitual censo de aves no tramo Cabo de Mar-Coruxo. Nas fotos, aportadas polo voluntario Xose Crespo, vemos os ornitológos en plena traballo. Grazas pola colaboración.
Etiquetas:
Resumo de actividades/,
Voluntariado Litoral/
Agradecemento a Nestor polo seu labor como viveirista
Desde a Asociación Fontaíña queremos agradecer o traballo realizado polo voluntario Néstor Vázquez (de Equo) durante un ano enteiro con un cento de carballos e cerquiños, encargandose da súa vixianza e coidado. Gracias ó seu labor estas arboriñas poideron ser plantadas nos Montes de Teis polos voluntarios o pasado día 19 de febreiro.
Etiquetas:
Resumo de actividades/,
Voluntariado Forestal/
17/2/17
Novo plantío coa Comunidade de Montes de Teis
A Asociación Fontaíña foi invitada, un ano máis, pola
Comunidade de Montes de Teis (Vigo) a participar nos
plantíos de árbores autóctonas que organiza dita entidade nos seus montes.
A
C.M.V.M.C. de Teis leva moitos anos traballando a prol da
recuperacións dos bosques autóctonos galegos mediante un proxecto
continuo de eliminación das especies invasoras (sobre todo acacia negra)
que inzaban os seus montes, e posteriormente repoboar con árbores
autóctonas (carballos, cerdeiras, bidueiras,...) cuns
resultados espectaculares.
Como
pequeno apoio a esta fenomenal tarefa imos participar
cun pequeno grupo de 10 voluntari@s no plantío de árbores autóctonas
que organizará a Comunidade de Montes de Teis o vindeiro domingo 19 de febreiro.
A actividade terá lugar nos montes de Teis de 9:45 a 12h. O lugar de encontro será o Quiosco do Zoo (Praza dos Leóns, A Madroa, Vigo). A actividade estará aberta a menores de edade, sempre que asistan acompañados dun adulto responsable deles. Haberá dous monitores/as de Fontaíña para axudar e supervisar no traballo dos participantes, aos que se lles entregarán luvas, ferramenta e arboriñas.
12/10/16
ACTIVIDADE DE VOLUNTARIADO NA XUNQUEIRA DO LAGARES
ACTIVIDADE DE VOLUNTARIADO DA ASOCIACIÓN FONTAÍÑA NA XUNQUEIRA DO LAGARES
O vindeiro sábado 15 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de eliminación da planta exótica invasora herba da pampa (Cortaderia selloana) na Xunqueira do Lagares. Ademais, aproveitaremos para facer unha pequena recollida de lixo neste espazo natural.
Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente.
Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas lubas e botas.
O número de prazas é limitado.
Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.
É recomendable levar roupa para a chuvia e botas de auga
As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e teléfono.
6/9/16
Palestra sobre a restauración de ecosistemas litorais
A asociación Fontaíña participou cunha charla na II Xornada ambiental da Comunidade de Montes de Coruxo, organizada polo Colectivo Matogueira, titulada "Preto de 25 anos restaurando ecosistemas do litoral de Vigo".
Etiquetas:
Resumo de actividades/,
Voluntariado Litoral/
Convocatoria de actividade de voluntariado ecolóxico: Censo de aves
O vindeiro sábado 10 de setembro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase o xa tradicional censo de aves en paso posnupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.
O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.
O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)
Nesta actividade os e as participantes irán acompañados polo ornitólogo da asociación Fontaíña, Diego R. Vieites, e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando se dispoñen ou non de prismáticos (Fontaíña facilitaralles uns, de non dispor deles).
O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.
O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)
Nesta actividade os e as participantes irán acompañados polo ornitólogo da asociación Fontaíña, Diego R. Vieites, e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando se dispoñen ou non de prismáticos (Fontaíña facilitaralles uns, de non dispor deles).
Etiquetas:
Actividades/,
Voluntariado Litoral/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








