A Asociación Fontaíña foi invitada, un ano máis, pola
Comunidade de Montes de Teis (Vigo) a participar nos
plantíos de árbores autóctonas que organiza dita entidade nos seus montes.
A
C.M.V.M.C. de Teis leva moitos anos traballando a prol da
recuperacións dos bosques autóctonos galegos mediante un proxecto
continuo de eliminación das especies invasoras (sobre todo acacia negra)
que inzaban os seus montes, e posteriormente repoboar con árbores
autóctonas (carballos, cerdeiras, bidueiras,...) cuns
resultados espectaculares.
Como
pequeno apoio a esta fenomenal tarefa imos participar
cun pequeno grupo de 10 voluntari@s no plantío de árbores autóctonas
que organizará a Comunidade de Montes de Teis o vindeiro domingo 19 de febreiro.
A actividade terá lugar nos montes de Teis de 9:45 a 12h. O lugar de encontro será o Quiosco do Zoo (Praza dos Leóns, A Madroa, Vigo). A actividade estará aberta a menores de edade, sempre que asistan acompañados dun adulto responsable deles. Haberá dous monitores/as de Fontaíña para axudar e supervisar no traballo dos participantes, aos que se lles entregarán luvas, ferramenta e arboriñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario