Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



8/7/13

Patrocinadores 2013



A Fundación Biodiversidad, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente do Gobierno de España apoiará, a través da convocatoria 2013 do Programa Playas, Voluntariado y Custodia o proxecto "Voluntariado ecoloxico en praias da ría de Vigo" da Asociación Fontaíña cunha axuda económica de 3.000€.




Voz Natura, o concurso organizado pola Fundación Santiago Rey Fdez-Latorre, La Voz de Galicia e Radio Voz, seleccionou o proxecto presentado por Fontaíña e aportará unha axuda económica de 668€ durante o curso escolar 2012-13.

4/7/13

Asociación Fontaíña participou no I Foro de Restauración Ecolóxica Creando Redes.


A Asociación Fontaíña estará presente no I Foro de Restauración Ecolóxica Creando Redes, a celebrar os días 4 e 5 de xullo de 2013  . 
Podedes ver o programa do foro cliqueando no seguinte enlace: 

Nas seguintes liñas exponse un resumo da ponencia a presentar "20 años de restauración en A Fontaiña: de espacio degradado a zona dunar protegida" :
"El proyecto de restauración de las dunas de la playa de A Fontaíña (Coruxo, Vigo) comienza en el año 1993 en un ecosistema dunar con un elevado grado de degradación y se prolonga hasta nuestros días para pasar a convertirse en Espacio Natural de Interés Local. El hecho de ser pioneros en restuaración dunar en Galicia implicó numerosas dificultades de diferente naturaleza que se fueron superando con éxito hasta consolidar este proyecto de restauración. La gestión del ecosistema, la educación ambiental llevada a cabo, la concienciación de los técnicos de la administración y de la clase política,… valieron, además, para que en playas próximas se comenzasen a llevar a cabo experiencias de restauración dunar por parte de administraciones municipales que vieron en el proyecto de Fontaíña un ejemplo a seguir."

Voluntariado ecolóxico na praia de Fontaíña-Maio 2013





O pasado 23 de maio 7 voluntari@s da asociación Fontaíña e unha monitora levaron a cabo unha xornada de traballo na praia de Fontaíña.

A actividade consistíu na recollida de lixo na zona das dunas, revisión do valado e tarefas de eliminación de especies exóticas invasoras (Arctotheca calendula, Conyza sp. e Parthenocissus quinquefolia).

O bo tempo acompañou e ao final se apañaron un total de 8 bolsas cheas de lixo e plantas arrincadas.



19/5/13

Actividade de voluntariado ambiental na praia de Fontaíña



O vindeiro xoves 23 de maio de 2013 pola mañán ( de 9:30 a 12:30) vaise realizar unha actividade de voluntariado ambiental.  As persoas participantes levaran a cabo tarefas de conservación do medio natural das praias de Baluarte e Fontaíña (na parroquia de Coruxo, en Vigo).  Se realizará unha limpeza de residuos da praia e mailas dunas, controlarase a presenza de exemplares de margarida do Cabo (Arctotheca calendula), unha especie exótica bioinvasora e se revisarán posibles desperfectos nos valados de protección das dunas destes areais (para posteriormente avisar ó Concello de Vigo coa finalidade de que sexan reparados).

As persoas interesadas en participar na actividade teñen que inscribirse enviando o seu nome e tfno de contacto ó correo da asociación fontainhavigo@yahoo.es ou mediante sms ó móbil 670457222.

O lugar de encontro dos participantes será na pasarela de baixada á praia que hai no lugar de Breadouro (Coruxo), á dereita da praia do Vao (se ollamos caro ó mar).

7/4/13

Resumo de actividades: censo de aves en paso prenupcial


Un total de sete voluntarios acompañados polo monitor de Fontaíña percorreron o litoral vigués o pasado sábado pola mañán realizando un censo de aves en paso prenupcial.


4/4/13

Nova actividade: Censo de aves do litoral de Vigo en paso prenupcial


O vindeiro sábado 6 de abril, pola mañán (de 9 a 13h) se realizará o censo de aves en paso prenupcial do tramo de costa que vai dende Cabo de Mar ata Toralla, pasando pola Xunqueira do Lagares.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)

Nesta actividade os participantes irán acompañados por un ornitólogo e axudarán a identificar e contar as aves que se atopen no seu percorrido. Dita información sirve para coñecer o estado medioambiental deste tramo de costa.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no tfno 679457222 ou por correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es (é recomendable levar prismáticos e roupa e calzado axeitado para o tempo invernal)


6/2/13

Convocatoria de actividade de voluntariado ecolóxico: Plantío forestal nos Mtes. de Teis. Anímate a participar¡

 
Sábado 16/2/13. Programa Devesas do Sur: Plantío forestal de árbores autóctonas nos Montes Comunais de Teis.

NECESITAMOS VOLUNTARIOS/AS PARA PODER REALIZAR A PLANTACIÓN

Os participantes nesta actividade acometerán tarefas de reforestación do monte mediante a plantación de árbores autóctonas (carballos, bidueiras,…). As tarefas forman parte dun ambicioso programa de recuperación do bosque autóctono nos montes de Teis (Vigo)

Pode participar calquera persoa adulta e aqueles menores de idade que estan acompañados e supervisados por un familiar que se faga responsable deles.

A Comunidade de Mtes. de Teis aportará as arboriñas, preparará os terreos, disporá persoal especializado que supervise a laboura dos voluntarios, dará lubas e avituallamento ós participantes. A Asociación Fontaíña facilitará ferramenta e seguro de RC e accidentes para participantes inscritos no seu cupo de prazas.



Data: Sábado 16/2/13   Horario: 9:45-13:00 h. 
Nº de prazas disponibles: 15.

Lugar de encontro: Praza dos Leóns, a carón de Vigozoo. (A liña de autobús C9B chega ata alí).

Xeito de inscribirse na actividade:

  • Envío dun correo electrónico a fontainhavigo@yahoo.es cos datos personais do participante (nome e tfno de contacto)
  • Chamar/enviar sms ó tfno 679457222 indicando os datos personais


O Proxecto de Recuperación dos Montes de Teis.

A comunidade de Montes de Teis leva a traballar na recuperación do bosque autóctono galego dende hai máis dunha década, sendo unha das súa maiores metas a substitución progresiva da acacia negra, introducida masivamente nos anos 40 do século XX, como especie de rapidísimo crecemento coa a idea de ser utilizada nos encofrados da construción. O experimento resultou ser un auténtico fracaso ao ter esta madeira unha resistencia pésima ós axentes atmosféricos, após administración deixou os montes inzados desta especie sen facer o mais mínima tentativa para combater a súa expansión.  

 O seu maior problema é o rápido crecemento, o que non dá oportunidade ás especies arbóreas autóctonas para poder competir en igualdade de condicións, acontecendo o mesmo coa fauna e o resto da flora de todo tipo. Non interaciona con esta, sendo os bosques de acacia en moitísimos casos desertos verdes, moi lonxe da vida e diversidade que se ve representada nas nosas fragas.

O proceso de substitución desta especie cara un modelo autóctono é moi custoso e cheo de dificultades. O maior problema radica que despois da curta, moi lonxe de producirse a eliminación, dáse unha multiplicación dos seus troncos e un aumento do seu vigor , precisase dunha combinación de diferentes estratexias , así como unha planificación polo miúdo, para ter éxito nesta empresa e sobre todo moita paciencia .

Neste proceso a plantación de frondosas autóctonas, que co tempo darán a sombra, é elemento esencial para combater a acacia negra.

As especies a plantar son tres: como eixo principal o carballo, especie de lento crecemento mais esencial no bosque autóctono, sendo acompañado pola cerdeira e a bidueira, tamén autóctonas pero de mais rápido crecemento. As arbores plántanse a chou tentando imitar a natureza.


 

A Comunidade de Montes de Teis pretende, con este clase de actos, dar a coñecer o noso proxecto de converter o monte da Madroa nun referente de monte periurbano, con moitas posibilidades no eido da educación medioambiental.

Para esta plantación cóntase novamente coa colaboración da Asociación Fontaiña e cidadáns que tamén de xeito independente participan nesta iniciativa.