Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



13/4/16

Curso de Botánica, de balde

A Asociación Fontaíña e o Colectivo Matogueira van impartir un curso de botánica para tod@s aqueles interesad@s en se iniciar ou profundizar no mundo das plantas silvestres. O curso, para o que non se precisan coñecementos previos de botánica, constará de dúas partes: a primeira será máis ben teórica (aínda que con algunha escapadiña ao exterior) e a segunda será unha xornada totalmente práctica.

 

Xa temos data para esa primeira parte: o vindeiro domingo 24 de abril, pola mañá (de 10 a 14 horas). Os profesores serán Marga Rubido e Afonso Rodríguez e o lugar: no local da Comunidade de Montes de Coruxo (subida a San Sebastián, 23, Fragoselo, Vigo).

O curso é de balde, pero as persoas interesadas deberán apuntarse no correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es

31/3/16

Convocatoria para o censo de aves en paso prenupcial




O vindeiro domingo 3 de abril de 9 a 13 h. realizarase o XII censo de aves en paso prenupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).

Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.

Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nesta actividade en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.

As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com

É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.