O vindeiro domingo 3 de abril
de 9 a 13 h. realizarase o XII censo de aves en paso prenupcial do treito
costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo),
pasando pola Xunqueira do Lagares.
O lugar de encontro será en
Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.
Nesta actividade os e as
participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e
axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu
percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito
de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
Dende a Asociación Fontaíña
queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nesta actividade en
particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.
As persoas interesadas teñen
que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com
É
recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario