Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



31/12/25

Cartel e banco en mal estado na Xunqueira do Lagares


Solicitámoslle ó Concello de Vigo que repare os danos dun cartel con información ornitolóxica e un banco ubicados nunha das entradas da Xunqueira do Lagares, na zona do peseo peonal.

O mantemento do mobiliario urbano nos espazos naturais é un aspecto importante na súa conservación, xa que son unha ferramenta moi útil para informar e concienciar ós visitantes.



27/12/25

27-12-25 Resumo da actividade de voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares

O sábado 27-12-2026 pola mañá un grupo de persoas voluntarias levou a cabo traballos de conservación do medio natural na Xunqueira do Lagares.

Aproveitouse para limpar unha zona de marisma que estaba chea de lixo, retirándose un total de 26kg de residuos, dos que a maioria (20kg) eran residuos xerais, e 4kg de envases plásticos para reciclaxe e 2kg de vidro.

Posteriormente, localizoue unha zona de xunqueira onde había varios exemplares de herba das pampas (Cortaderia selloana), unha especie de planta herbacea exótica invasora. 

Foron retirados 8 exemplares de tamaño pequeno.

O noso agradecemento ás persoas voluntarias que participaron nesta actividade, que forma parte do Programa de apadriñamento de espazos naturais de Libera.



23/12/25

27-12-25 Convocatoria de actividade de voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.



A planta Cortaderia selloana (Herba das pampas) é unha especie de orixe sudamericana que está incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.  A planta está presente en Galicia desde os anos oitenta do século XX polo seu uso ornamental. Pouco a pouco os exemplares foron naturalizándose e espallandose polas zonas costeiras ata se converter nun problema pola ocupación de áreas de vexetación natural de valor ecolóxico, como por exemplo as marismas. Actualmente segue a estar presente en numerosas zonas do municipio de Vigo, especialmente en terreos  abertos, baldíos e marxes de estradas. 




A Asociación Fontaíña está a controlar o inzamento desta especie na Xunqueira do Lagares mediante a xeolocalización e eliminación dos exemplares asentados, retirada das espigas para evitar o espallamento das sementes e controlando regularmente as novas plantas que nacen cada ano. Polo de agora os resultados están sendo moi positivos e unha vez que se remate co control da herba das pampas na propia Xunqueira do Lagares se pasaría a unha segunda fase, de inventariado dos exemplares que inzan terreos públicos e privados na contorna e viais que bordean a Xunqueira do Lagares, para reclamar ás administracións públicas que acometan medidas de erradicación.

Outro problema que presenta a marisma é a presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares e as saídas de materiais polos sumidoiros, polo que resulta necesario retirar regularmente dito lixo para evitar que se acumule degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.



O vindeiro sábado 27 de decembro de 2025, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares, na que poderán participar un total de seis persoas acompañadas dun monitor. Nela se limparan residuos e se eliminarán algúns exemplares da bioinvasora herba das pampas (Cortaderia selloana) neste interesante espazo natural vigués. Estas actividades de Fontaíña na Xunqueira do Lagares contan co patrocinio do programa de apadriñamento de espazos naturais organizado polo Programa Libera (SEO-Birdlife e Ecoembes). 



A asociación facilitará ó voluntariado a formación previa, ferramentas, lubas, auga e avituallamento, ademais dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil. 
Os participantes deben levar roupa de traballo e botas de auga. 

O traballo das persoas voluntarias será dirixido por persoal de Fontaíña. A actividade conta co permiso administrativo do Servizo do Litoral de Pontevedra (Consellería de Medio Ambiente-Xunta de Galicia) e está solicitado tamén na Concellería de Medio Ambiente (Concello de Vigo). 

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles;  os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 


12/11/25

9-11-25. Resumo do roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares

 

O domingo 9-11-25 pola mañán un total de 25 persoas realizaron un percorrido circular pola Xunqueira do Lagares co obxectivo de coñecer as aves que viven neste espazo natural vigués. 


O roteiro comezou cunha parada na Foz do Lagares e a praia da Calzoa onde se puideron observar varias especies de gaivotas (patiamarela, escura, gaivotón e cabecinegra), corvo mariño cristado, virapedras e píllara grande. Por desgraza, tamén o grupo comprobou "in situ" o efecto pernicioso para as aves que está a ter a declaración desta zona como praia canina, polas molestias que os cans soltos causan nas aves que utilizaban esta praia para alimentarse e descansar. 


O Concello de Vigo debería de amosar maior sensibiliade pola defensa das aves silvestres e os ecosistemas e reubicar o servizo de praia canina noutra zona da costa de Vigo que non sexa de importancia ornitolóxica como acontece coa Foz e Calzoa.

O paseo continuou polo barrio da Carrasqueira onde tivemos boas panorámicas da marisma, o muro das saíñas e os campos e bosques que protexen neste sector a marisma. 


Nesta zona observamos andoriña dos penedos, picafollas común, rabirrubio, papicapeixe, corvo pequeno, pega  e identificamos o canto de varios paseriformes (paporrubio, reiseñor de auga). Tamén puidemos desfrutar co voo dun falcón peregrino.

Rematamos a xornada cun percorrido perimetral polo paseo da Xunqueira do Lagares, onde vimos varios exemplares das seguintes especies: corvo mariño grande, garzota común, garza real, bilurico bailón, miñato común, escoitamos o reclamo do picaxuncos e rematamos a xornada cunha bonita observación dun azor atravesando a Xunqueira do Lagares.



Unha interesante excursión que permitiu dar conta da importancia que ten a Xunqueira do Lagares.

A vindeira actividade de Fontaíña na Xunqueira do lagares será unha limpeza de lixo na marisma a mañá do domingo 14 de decembro.
 
Esta actividade de educación ambiental forma parte do proxecto de conservación da Xunqueira do Lagares levado a cabo pola Asociación Fontaíña e que conta co Apadriñamento de Espazos Naturais do Programa Libera organizado por SEO-Birdlife e Ecoembes

1/11/25

Convocatoria actividade 9/11/25: Roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares

O pasado 26 de outubro a Asociación Fontaíña organizou un roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares e a convocatoria foi un éxito de participación, xa que nun par de días se cubriron as 25 prazas ofertadas e quedaron unhas 10 persoas en lista de espera. Polo tanto vaise realizar unha nova excursión para satisfacer a demanda e que ninguén quede sen coñecer esa marabilla natural que é a Xunqueira do Lagares, a marisma de Vigo.

O domingo 9 de novembro pola mañá (de 9 a 12-12,30 h.) realizarase un roteiro de observación de aves pola Xunqueira do Lagares.


A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na desembocadura do río Lagares e pese a que non é moi extensa en superficie, presenta unha variedade de especies de aves bastante salientable no contexto do municipio de Vigo. Pódense observar distintas especies de ardeidas, limícolas, gaivotas, o picapeixe, aves rapaces así como paseriformes de zonas marismeñas, agrícolas e forestais.

Polo seu fácil acceso e variedade de hábitats resulta un lugar idóneo para iniciarse na observación de aves.

O lugar de encontro e remate do roteiro será o polideportivo municipal de Samil ás 9:00 h.

O número de prazas é limitado (25 persoas acompañadas por dúas persoas monitoras). Daráselle prioridade ás persoas que quedaron en lista de espera na anterior convocatoria do 26/10, pero calquera persoa pode solicitar a inscripción.


Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles;  os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).

Lugar de encontro: Polideportivo municipal de Samil (Avda. de Samil, 32, Vigo).

A asociación aportará un par de telescopios e algúns prismáticos pero sería recomendable que aqueles participantes que teñan posibilidade de facelo traian os seus binoculares. Por tratarse dunha actividade de formación de voluntariado, todos os/as participantes contarán coa cobertura do correspondente seguro de RC e accidentes.

Recoméndase levar calzado axeitado para camiñar polo campo no inverno e roupa cómoda. O roteiro é circular, duns 3km de lonxitude e dificultade baixa.

Esta actividade de educación ambiental forma parte das accións incluídas no Apadriñamento de Espazos Naturais do Programa Libera organizado por SEO-Birdlife e Ecoembes

30/10/25

26-10-25. Resumo do roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares



O domingo 26-10-25 pola mañán un total de 27 persoas realizaron un percorrido circular pola Xunqueira do Lagares co obxectivo de coñecer as aves que viven neste espazo natural vigués. 

O roteiro comezou cunha parada na Foz do Lagares e a praia da Calzoa onde se puideron observar varias especies de gaivotas (patiamarela, chorona, escura, gaivotón e cabecinegra), corvo mariño cristado e limícolos (pilro bulebule e virapedras). Por desgraza, tamén o grupo comprobou "in situ" o efecto pernicioso para as aves que está a ter a declaración desta zona como praia canina, polas molestias que os cans soltos causan nas aves que utilizaban esta praia para alimentarse e descansar. 

O Concello de Vigo debería de amosar maior sensibiliade pola defensa das aves silvestres e os ecosistemas e reubicar o servizo de praia canina noutra zona da costa de Vigo que non sexa de importancia ornitolóxica como acontece coa Foz e Calzoa.

O paseo continuou polo barrio da Carrasqueira onde tivemos boas panorámicas da marisma, o muro das saíñas e os campos e bosques que protexen neste sector a marisma. 

Nesta zona observamos picapeixe, miñato e identificamos o canto de varios paseriformes (paporrubio, reiseñor de auga ou picafollas cantor) ou córvidos como o gaio.

Rematamos a xornada cun percorrido perimetral polo paseo da Xunqueira do Lagares, onde vimos varios exemplares das seguintes especies: corvo mariño grande, garzota común, garza real ou bilurico das rochas.


Unha bonita excursión que permitiu dar conta da importancia que ten a Xunqueira do Lagares.


O exito de participación que tivo a xornada (cubríronse moi rápido as prazas ofertadas  e ficou xente en lista de espera) fai que Fontaíña teña previsto realizar unha nova convocatoria ó longo do inverno.
 
Esta actividade forma parte do proxecto de conservación da Xunqueira do Lagares levado a cabo pola Asociación Fontaíña e que conta co Apadriñamento de Espazos Naturais do Programa Libera organizado por SEO-Birdlife e Ecoembes

19/10/25

Convocatoria actividade 26/10/25: Roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares

 



 XA ESTÁN CUBERTAS TODAS AS PRAZAS DISPONIBLES¡ 

O domingo 26 de outubro pola mañá (de 9 a 12-12,30 h.) realizarase un roteiro de observación de aves pola Xunqueira do Lagares.

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na desembocadura do río Lagares que, apesares de non ser moi extensa en superficie, presenta unha variedade de especies de aves bastante salientable no contexto do municipio de Vigo. Pódense observar distintas especies de ardeidas, limícolas, gaivotas, o picapeixe, aves rapaces así como paseriformes de zonas marismeñas, agrícolas e forestais.

Polo seu fácil acceso e variedade de hábitats resulta un lugar idóneo para iniciarse na observación de aves.

O lugar de encontro e remate do roteiro será o polideportivo municipal de Samil ás 9:00 h.

O número de prazas é limitado (25 persoas acompañadas por dúas persoas monitoras).

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles;  os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).

Lugar de encontro: Polideportivo municipal de Samil (Avda. de Samil, 32, Vigo).

A asociación aportará un par de telescopios e algúns prismáticos pero sería recomendable que aqueles participantes que teñan posibilidade de facelo traian os seus binoculares. Por tratarse dunha actividade de formación de voluntariado, todos os/as participantes contarán coa cobertura do correspondente seguro de RC e accidentes.

Recoméndase levar calzado axeitado para camiñar polo campo no inverno e roupa cómoda. O roteiro é circular, duns 3km de lonxitude e dificultade baixa.

Esta actividade de educación ambiental forma parte das accións incluídas no Apadriñamento de Espazos Naturais do Programa Libera organizado por SEO-Birdlife e Ecoembes

11/6/25

Resumo da limpeza de residuos LIBERA 1M2 na Xunqueira do Lagares

O 7 de xuño de 2025 pola mañán, un grupo de persoas voluntarias, levou a cabo unha limpeza de lixo na Xunqueira do Lagares. 

Esta actividade formaba parte dunha campaña denominada LIBERA 1m2 CONTRA LA BASURALEZA e foi convocada e organizada polo PROGRAMA LIBERA das entidades SEO-BIRDLIFE ECOEMBES.




Retiráronse en total 23,5kg de lixo, dos que 19kg se correspondían con residuos sólidos urbanos non reciclables,  e 4,5kg de envases reciclables. 

O noso agradecemento a todas as personas voluntarias que participaron na actividade medioambiental. 

Nesta novena edición do xornada de Libera 1m2, celebrada o pasado 7 de xuño, participaron 13.416 liberador@s en 745 puntos de recollida en toda España,  retirándose 63,8 toneladas de basuraleza e clasificándose 63.144 residuos abandonados en contornas terrestres, fluviais e mariñas, contribuíndo así á ciencia cidadá. 

------------------------------------------------

El 7 de junio de 2023 por la mañana, un grupo de personas  voluntarias, llevó a cabo una limpieza de basuraleza en la Xunqueira do Lagares. 

Esta actividad formaba parte de una campaña  denominada LIBERA 1m2 CONTRA LA BASURALEZA y fue convocada y organizada por el PROGRAMA LIBERA de las entidades SEO-BIRDLIFE ECOEMBES.

Se retiraron en total 23,5kg de lixo, de los que 19kg se correspondían con residuos sólidos urbanos no reciclables y  4,5kg de envases reciclables.

Nuestro agradecimiento a todas las personas voluntarias que participaron en la actividad medioambiental. 

En esta novena edición de la jornada Libera 1m2, participaron 13.416 liberador@s en 745 puntos de recogida en toda España,  se retiraron 63,8 toneladas de basuraleza y se  clasificaron 63.144 residuos abandonados en entornos terrestres, fluviales e marinos, contribuyendo así a la ciencia ciudadana. 


2/6/25

7-6-25 Convocatoria actividade "Libera 1m2" na Xunqueira do Lagares



 ENLACE CARTEL EN PDF




O vindeiro sábado 7 de xuño, de 10.00 a 12:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Realizarase unha limpeza de lixo deste interesante espazo natural vigués.  A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun humidal de grande valor ecolóxico, refuxio de numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha salina do SXVIII.


Por desgraza, a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais. Un deles (e hai moitísimos máis) vai ser combatido mediante o traballo do voluntariado ambiental. A presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares e as saídas de materiais polos sumidoiros, polo que resulta necesario retirar regularmente dito lixo para evitar que se acumule degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.

A actividade forma parte da campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes.

Poderá participar calquera persoa interesada, inscribíndose previamente, e a Asociación Fontaíña facilitará luvas, peto identificativo, auga e avituallamento; ademais de contar cun seguro de RC e accidentes. Para esta xornada haberá 25 prazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar nesta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 anos deben de vir acompañados por unha persoa adulta e os menores de 16 ata 18 anos traer esta autorización dos seus pais ou titores.

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

É recomendable levar botas de auga e roupa para traballar e mancharse. Chuvasqueiro ou gorra de sol según a meteoroloxía.

__________________________________

El próximo sábado 7 de junio, de 10:00 a 12:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira do Lagares. Se realizará una limpieza de basura de este interesante espacio natural vigués.

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desmbocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, refugio de numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII.

Por desgracia, la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Uno de ellos (y hay muchísimos más) va a ser combatido mediante el trabajo del voluntariado ambiental. La presencia de residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares y las salidas de materiales por las alcantarillas, por lo que resulta necesario retirar regularmente esa basura para evitar que se acumule degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local.

La actividad forma parte de la campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO-Birdlife y Ecoembes.

Podrá participar cualquier persona interesada, inscribiéndose previamente, y la Asociación Fontaíña facilitará guantes, chlaeco, agua y avituallamento; además de contar con un seguro de RC y accidentes. Para esta jornada habrá 25 plazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar en esta actividad es imprescindible apuntarse previamente, mediante el envío de un correo electrónico a 
fontainhavigo@yahoo.es 

indicando los siguientes datos:
Nombre participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de 16 anos deben de venir acompañados por una persoa adulta y los menores de 16 hasta 18 anos traer esta autorización de sus padres o tutores.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 

Es recomendable llevar botas de agua y ropa para trabajar y mancharse. Chubasquero o gorra de sol según la meteorología.