O domingo 24-11-24 pola mañán, un grupo de persoas voluntarias estiveron realizando labouras de eliminación da planta exótica invasora Cortaderia selloana (Herba das Pampas). Conseguiron eliminar tres exemplares. Un deles, de tamaño mediano, atopábase na zona de marisma. Os outros dous exemplares de tamaño grande situábanse nas zona de bosque de ribeira e prados húmidos.
A xornada contou coa visita de Ramiro J. Freire autor da canle de vídeos El Bosque del Lobo, pois está a facer un documental sobre as plantas invasoras.
Esta actividade forma parte do Convenio de Colaboración para o Apadriñamento de Espazos Naturais do Programa Libera, organizado por SEO-Birdlife e Ecoembes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario