O
vindeiro domingo 1 de setembro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase
a XV e derradeira edición do censo da Asociación Fontaíña de aves
acuáticas en paso posnupcial do treito costeiro que vai dende Cabo
de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola
Xunqueira do Lagares.
Ó
longo deste 2019 xa realizamos os tradicionais censos de aves
acuáticas invernantes e en paso prenupcial en xaneiro e abril
respectivamente mais a partires de agora deixaremos de realizar
censos de aves e as actividades ornitolóxicas que desenvolveremos en
Fontaíña serán doutra índole.
O
lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de
Samil) ás 9:00 h.
O
número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).
Nesta
actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo
da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as
aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información
serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral
e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
As
persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico
diegodalimia@gmail.com
indicando o número de teléfono.
É
recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para
camiñar.
Dende
a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas ós centos de persoas
que colaboraron nos censos de aves invernantes, en paso prenupcial e
en paso posnupcial realizados durante estos quince anos, dende
xaneiro de 2005 ata a actualidade. A todos e a todas moitas grazas de
corazón. Os datos recabados durante estos tres lustros faranse
públicos e penduraranse do blogue da Asociación,
fontainhavigo.blogspot.com, en canto sexa posible. Vémonos nas dunas
;-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario