Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es
Tfno.: 679457222



11/11/17

Voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. A que esperas para apuntarte?

O vindeiro sábado 18 de novembro, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade voluntariado ecolóxico. Nela realizarase unha limpeza de lixo e de mantemento das sinalizacións deste espazo natural.

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras (garzas reais, garzotas, alavancos reais, biluricos, pilros,...).

Por desgraza a Xunqueira do Lagares recibe numerosos residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares, polo que resulta necesario retirar ditos residuos para evitar que se acumulen degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.
A actividade forma parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible", e conta co apadriñamento e patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO Birdlife e Ecoembes.

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente.

Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas luvas e botas. Se non deben indicar que número de pé calzan.

O número de prazas é limitado.

Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable levar roupa e calzado cómodos.

As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e apelidos, teléfono e, se non se teñen botas, o número de calzado .




El próximo sábado 18 de noviembre, de 10:00 a 13:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad voluntariado ecológico. En ella se realizará una limpieza de basura y de mantenimiento de las señalizaciones del espacio natural de la Xunqueira do Lagares.

La Xunqueira del Lagares es una marisma ubicada en la foz del río Lagares. Se trata de un espacio de grande valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras (garzas reales, garcetas, ánades reales, andarrios, correlimos,...).

Por desgracia, la Xunqueira del Lagares recibe numerosos residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares, por lo que resulta necesario retirar dichos residuos para evitar que se acumulen degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local.

La actividad forma parte de las acciones de la propuesta "Xunqueira del Lagares limpia: Con tu ayuda es posible",  que cuenta con el apadrinamiento y patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO Birdlife y Ecoembes.

Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente.

Lugar de encuentro y material necesario: Puente de madera del Lagares, en la carretera Molinos-Samil, cerca de la depuradora. En caso de que ya las hayan recibido, los/las voluntarios/las deberán traer sus guantes y botas. Si no deben indicar que número de pie calzan.

El número de plazas es limitado.

En esta actividad los y las participantes estarán acompañados por monitores de la asociación Fontaíña.

Es recomendable llevar ropa y calzado cómodos.
 

Las personas interesadas deben apuntarse mediante lo envío de un correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nombre y apellidos, teléfono y, si no se tienen botas, el número de calzado .

No hay comentarios: