O
vindeiro xoves 1 de outubro a
partires das 20:30 h. en O Lar do Queixa (Heraclio Botana, 6,
Vigo) terá lugar a primeira actividade de celebración do X Aniversario dos
censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña. Trátase da palestra sobre a Rede de observación de Aves e
Mamíferos mariños (RAM: http://redavesmarinas.blogspot.com)
que será impartida por Xulio Valeiras,
coordenador da RAM no norte da Península Ibérica, Portugal, Canarias e Madeira.
Xa
o sábado 3 de outubro pola mañá (de 9 a 12 h.) e para festexar o Día das Aves realizarase unha
actividade da RAM en Cabo Silleiro
(Baiona) organizada por Xulio Valeiras
e para a cal o lugar de encontro será a E.D.A.R. de Cabo Silleiro ás 9 h. Para
esta actividade cómpre apuntarse
enviando un correo electrónico a diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono e se se dispón de
prismáticos ou non (de non telos facilitaremos uns). O número de prazas é
limitado.
As actividades de
celebración continuarán ó longo de todo o outono como podedes ver na
listaxe que vén a continuación. Colgarase información en
detalle de cada unha no noso blog: http//:
fontainhavigo.blogspot.com
2005-2015
X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña
Palestras (xoves ás 20:30 h. en O Lar do Queixa, Heraclio Botana 6, Vigo) e actividades de observación de aves:
2005-2015
X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña
Palestras (xoves ás 20:30 h. en O Lar do Queixa, Heraclio Botana 6, Vigo) e actividades de observación de aves:
- Xoves 1-10-15: Rede de observación de Aves e Mamíferos mariños (RAM). Xulio Valeiras (RAM)
- Sábado 3-10-15: celebración do Día das Aves realizando a RAM en Cabo Silleiro (9-12 h.) (Inscripción obrigatoria)
- Xoves 22-10-15: Aves urbanas: a súa importancia e conservación. Gustavo Ferreiro & Encarna González (Sociedade Española de Ornitoloxía)
- Xoves 5-11-15: Presentación en Vigo do libro “Cuándo ver aves en Galicia”. Antonio Sandoval & Cosme Damián Romay
- 14-11: roteiro pola praia da Xunqueira, Moaña. Saída ás 9:15 h. da estación marítima de Vigo (Inscripción obrigatoria)
- Xoves 19-11-15: Censos de aves invernantes en Galicia. Membro da SGHN: Sociedade Galega de Historia Natural
- Xoves 3-12-15: Grupo de Anelamento Anduriña: estacións de esforzo constante e programa de anelamento de aves limícolas. Antonio F. Cordeiro (Grupo de Anelamento Anduriña)
- Xoves 17-12-15: Observación de aves no esteiro do Miño. Membro de Anabam: Asociación Naturalista do Baixo Miño
- Sábado 19-12-15: roteiro polo esteiro do Miño, A Guarda. Saída ás 10:15 h. da estación de autobuses de Vigo (Inscripción obrigatoria)
No hay comentarios:
Publicar un comentario