O vindeiro sábado 18 de abril pola mañá (de 9 a
13h) realizarase o xa tradicional censo de aves en paso prenupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata
a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.
O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo
leste do paseo de Samil) as 9:00h.
O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)
Nesta actividade os e as participantes irán
acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e
a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve
para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións
de aves acuáticas do mesmo en particular.
Interesados apuntarse no mail: fontainhavigo@yahoo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario