Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



13/5/12

Roteiro Formativo: Botánica e Vexetación do Litoral de Galicia



O curso é de carácter teórico-práctico, de 6 horas de duración repartidas en dúas xornadas e se ofertan 25 prazas, tendo prioridade na inscrición aquelas persoas voluntarias que teñan participado regularmente nas actividades do Programa de Medio Ambiente da OMV.
Pretende aportar ós participantes coñecementos teóricos e prácticos que lles permitirán recoñecer as especies litorais galegas e incrementar a súa formación como voluntariado medioambiental, xa iniciada en anteriores cursiños ofertados pola OMV.

Relatora do curso: Marga Rubido Bará, Bióloga e Mestra

Programación:

Mércores 16/5/12. Sesión teórica: “Botánica litoral de Galicia: Características e identificación das principais especies litorais galegas”. A actividade se realizará no Sala de Xuntazas do Centro Cívico do Casco Vello (r/Oliva 12, a carón da Igrexa da Colexiata)en horario de 18:00-20:00 h.

Sábado 19/5/12. Sesión práctica: Itinerario polo litoral do espazo natural da Marisma da Ramallosa-Praia de Ladeira (Baiona).  Nesta visita, os participantes aprenderán, de xeito práctico, a identificar as principais especies da nosa costa e coñecerán as súas características ecolóxicas.
Lugar de encontro: Os participantes trasladaranse nun microbús, que partirá ás 9:30h da r/Areal, nº8 (Edificio do antigo Reitorado), e estarán de volta no mesmo lugar ás 14:00-14:30h. Tamén deberán levar, se o desexan, o seu propio avituallamento para media mañán.

AVISO IMPORTANTE: DURANTE O PERCORRIDO GUIADO NON ESTA PERMITIDO FUMAR, SALVO NOS 15 MINUTOS DE DESCANSO E AVITUALLAMENTO QUE SERAN DETERMINADOS POLA RELATORA DO CURSO, DACORDO COA EVOLUCIÓN DA ACTIVIDADE.

No hay comentarios: