Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



7/12/11

Novas actividades ecolóxicas para nenos

BOSQUES EN FAMILIA

Despois dun longo paréntese a Asociación Fontaíña retoma as actividades do seu grupo xuvenil “Obradoiro da Natureza”. Comentarvos que na campaña que agora bota a andar os rapaces desenvolverán un proxecto denominado “Bosques en familia” e que conta co patrocinio de Voz Natura.

Os rapaces realizarán actividades en defensa da natureza relacionadas cos bosques, nas que tamén, se queredes, poderan estar acompañados polos seus pais ou algún familiar adulto. Nas actividades tamén colaborará voluntariado da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo e, coma sempre, os monitores de Fontaíña se encargarán de organizar as actividades.

Ó igual que fixemos o pasado curso, os nenos inscritos, recibiran por correo unha convocatoria cada certo tempo (en principio temos previsto facer una actividade cada dous meses aproximadamente) e lembrar que os pais deben avisarnos se os seus fillos van asistir a cada unha das actividades (trátase dunha cuestión organizativa para o tema de material, monitores e avituallamento).
Os nenos deben traer roupa cómoda para andar polo campo e que poidan manchar. A asociación facilitaralles lubas (guantes) para traballar e o avituallamento.

Outro tema que vos queremos comentar é que se coñecedes a algun rapaz ou rapaza de entre 6 e 13 anos de idade, interesado en participar nas actividades de Fontaíña lles comentedes que se apunten chamando ao teléfono da asociación.

Velaí tedes o calendario da primeira actividade:
  • Sábado 17/12/11 de 10 a 13h. Traballos forestais na Xunqueira do Lagares. Os participantes realizarán coidados das árboriñas de ribeira plantadas en invernos anteriores e limparán as marxes do río. Os nenos deben traer unha autorización para participar asinada polos pais. O lugar de encontro será na ponte de madeira que hai no Paseo Peonal do Lagares (a carón da depuradora, na estrada Muíños-Samil). Os nenos deben traer botas de auga e roupa que poidan manchar sen problema.
AVISO IMPORTANTE: LEMBRADE QUE É NECESARIO AVISAR DA PARTICIPACIÓN DOS RAPACES PARA CADA ACTIVIDADE, CUN MÍNIMO DE DOUS DÍAS ANTES DA SÚA CELEBRACIÓN. Podédelo facer chamando ou mandando unha mensaxe ó tfno. 679457222 ou ben ó correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es

No hay comentarios: