O xoves 2 de outubro, polo serán, foron retomados os traballos de coidado das praias de Fontaíña e Baluarte. Coa participación de 2 voluntarios (Eva e Antonio), acompañados por un monitor da Asociación Fontaíña, levaronse a cabo as seguintes tarefas:
- Eliminación de exemplares da planta invasora Conyza canadensis (encheronse tres sacos delas).
- Arrincaronse dous exemplares de "cactus" que naceron nas dunas.
- Reparación de tres tramos, deteriorados, do valado que protexe as dunas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario