O vindeiro sábado 5 de setembro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase o xa tradicional censo de aves en paso posnupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.
O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.
O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)
Nesta actividade os e as participantes irán acompañados polo ornitólogo da asociación Fontaíña, Diego R. Vieites, e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
Co gallo do X aniversario deste actividade, no que queda de 2015 levaranse a cabo diferentes actividades relacionadas coa ornitoloxía como a celebración do Día das Aves a primeira fin de semán de outubro, charlas, excursións,... das que teredes máis información neste blogue. Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nesta actividade en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando se dispoñen ou non de prismáticos (Fontaíña facilitaralles uns, de non dispor deles).
É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.
31/8/15
6/7/15
Resumo da actividade de voluntariado ecolóxico nas praias de Baluarte e Fontaiña (4/7/15)
O pasado sábado 4 de xullo, a pesares da chuvia, un grupo de voluntarios acudimos a traballar ás praias de Fontaíña e Baluarte (Coruxo-Vigo). Realizamos dúas tarefas:
- Retirada dun tramo de valado vello de protección de dunas, duns 70m de lonxitude.
- Eliminación manual dunha planta bioinvasora, a herba Conyza canadensis, que inzaba unha zona a carón do canaval da Fontaíña. Retiramos 15kg desta planta.
Etiquetas:
Resumo de actividades/,
Turismo sostible/
28/6/15
ACTIVIDADE DE VOLUNTARIADO ECOLÓXICO (ADULTOS E NENOS) NAS PRAIAS DE BALUARTE E FONTAÍÑA
O vindeiro sábado 4/7/15, as 9h nas praias de Fontaíña e Baluarte (á dereita do Vao) realizaremos unha actividade de voluntariado ecolóxico na que poderán participar adultos e nenos (acompañados por un adulto) ata cubrir 10 prazas.
Realizaremos tarefas de conservación do medio natural deste espazo litoral de grande valor ecolóxico: limpeza de residuos, arranxo dos valados protectores das dunas, coidado de carteis sinalizadores e eliminación de especies vexetais bioinvasoras.
As persoas interesadas en participar deben anotarse enviando un correo electrónico a fontainhavigo@yahoo.es indicando (nome e apelidos, teléfono, idade no caso dos nenos).
O punto de encontro será no lugar de Breadouro entre as praias do Vao e Baluarte (Coruxo-Vigo) as 9h. A actividade durará ata as 12h (en caso de ser un día soleado remataremos as 11h).
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE:
A Asociación Fontaíña é unha entidade sen ánimo de lucro adicada ó voluntariado medioambiental, desenvolve, dende a súa fundación en 2003, actividades de conservación do medio natural na cidade de Vigo. Destaca o proxecto Parque Litoral de Vigo para conservar tres espazos litorais de enorme interese natural: As praias de Fontaíña e Baluarte, Cabo de Mar e a Xunqueira do Lagares.
As praias de Baluarte e Fontáiña atópanse na parroquia de Coruxo (Vigo), ambas as duas presentan un grande valor ecolóxico pola presenza de areais ben conservados con pequenos sistemas dunares que foron restaurados desde a década dos 90 do SXX, fondos mariños e zonas intermareais de grande valor natural. Ademais, a praia de Baluarte forma parte do Espazo Natural de Interese Local “Dunas do Vao”.
Propoñemos nas praias de Fontaíña e Baluarte unha actividade de voluntariado ecolóxico na que poderán participar adultos e nenos (os rapaces deben estar acompañados e supervisados por un adulto).
A actividade desenvolverase o sábado 4 de xullo de 2015, de 9 a 12h (en caso de que a afluencia de bañistas fose alta remataríase ás 11h).
Os obxectivos da actividade son:
- Levar a cabo unha acción de voluntariado ecolóxico.
- Implicar á cidadanía na conservación da natureza.
- Desenvolver tarefas sinxelas de conservación do medio natural.
- Divulgar os espazos naturais da cidade de Vigo.
- Fomentar o traballo en equipo.
A Asociación Fontaíña encargarase de aportar a ferramenta (recolledores de cabichas, rastrillos, alicates, martelo, maza) e material funxible para a actividade (luvas, bolsas de lixo, aramio para valados, tensores, grapas, limpador de graffitis, mascariñas, barniz antigraffiti, panos, esponxa, cepillo).
A asociación dispón para todas as súas actividades dun seguro de responsabilidade civil e accidentes que cubre a todos os voluntarios participantes e os monitores.
As tarefas a desenvolver son:
- Presentación do grupo de voluntarios e monitores.
- Introducción: presentación da Asociación Fontaíña e o seu proxecto de conservación nas praias de Baluarte e Fontaíña.
- Identificación de flora, fauna e patrimonio cultural. Valor ecolóxico deste espazo natural.
- Reparto de material de traballo e organización do equipo en subgrupos.
- Explicación das diferentes tarefas, comportamento no medio natural medidas de seguridade. Comezo dos traballos
- Limpeza de residuos nas dunas: recollida de plásticos, latas e outros residuos. Somentes dous voluntarios accederán o interior das zonas de duna protexida e terán especial coidado en evitar o pisoteo da vexetación.
- Revisión valados de protección dunar e reparación de pequenos desperfectos. Tamán hai a posibilidade de retirar un vello valado dunha zona que ten un novo (recomendación do Concello de Vigo).
- Mantemento das sinalizacións do espazo natural (borrado de pintadas e aplicación de barniz protector). Eliminación de dúas especies vexetais bioinvasoras,
![]() |
| Conyza canadensis |
| Margarida sudafricana |
- Recollida de cabichas e lixo de pequeno tamaño nos dous areais.
- Recollida dos grupos e almacenaxe da ferramenta
- Limpeza e hixiene de mans dos participantes.
- Reparto do avituallamento entre os voluntarios.
- Valoración do traballo en grupo.
Ó remate da actividade se repartirá o avituallamento (bocadillo, froita e un botellín de auga). De facer calor está previsto entregar unha botella de auga ó comezo da actividade.
A asociación facilitará ós voluntarios toda a ferramenta de traballo, luvas, chalecos identificativos e material funxible.
Os voluntarios deben traer roupa de traballo axeitada (para traballar con comodidade e que se poida manchar) e unha gorra. Ó remate se o desexan poderán quedar na praia e bañarse.
É especialmente importante que os participantes teñan un comportamento axeitado. Para elo deben cumprir as seguintes normas:
- Prestar atención as explicacións iniciais dos monitores.
- Seguir en todo momento as instruccións dos monitores para levar a cabo o traballo.
- Evitar pisotear a vexetación de dunas e costa rochosa.
- Permanecer co seu grupo de traballo sen separarse del.
- Non tirar lixo, facer ruido, molestar ás aves ou arrincar vexetación (salvo no caso do grupo que eliminará, unicamente, as especies bioinvasoras).
- Estar identificados cos chalecos da asociación Fontaíña.
- Utilizar as luvas (guantes) en todas as tarefas.
- Ter precaución ó camiñar polas rochas de Punta Helena.
- En caso de que faga moita calor beber auga con regularidade e poñer gorra.
- En caso de dúbida sobre algunha cuestión, esperar a que o monitor se achegue (non ir buscalo) para resolvela.
- Se algún cidadán lles pregunta sobre a tarefa que están facendo poden informalo de que se trata dunha actividade de voluntariado ecolóxico e para calquera aclaración a maiores o remiten ó monitor.
Etiquetas:
Actividades/,
Voluntariado Litoral/,
Xuventude/
26/6/15
Nova visita de turismo sostible ás Cíes
A nosa asociación está a colaborar co Concello no desenvolvemento deste programa de visitas guiadas polas illas Cíes. O vindeiro sábado 27 de xuño realizaremos unha nova saísa dentro dos paseos denominados “Descubrindo a natureza” onde se explicarán os valores naturais deste arquipélago pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Etiquetas:
Actividades/,
Turismo sostible/
Entrevista cun investigador
O xoves 25/6 un membro da asociación Fontaíña, Diego Rodriguez, mantivo un encontro con Daniel Álvarez Rodrigo, enxeñeiro de minas, que está a facer un traballo sobre a restauración de dunas e que posteriomente se publicará. Durante a entrevista explicouselle in situ o proxecto de recuperación litoral levado a cabo pola asociación en Vigo. Grazas polo teu interese, Daniel¡
Resumo da actividade de voluntariado na Xunqueira do Lagares
Os voluntarios limparon de residuos a marisma e o río, eliminaron unha especie vexetal invasora chamada herba das pampas (Cortaderia selloana), coidaron as arboriñas plantadas en anos anteriores e borraron un grafiti dun cartel sinalizador deste valioso espazo natural vigués.
Moitas grazas a todos os participantes e a Cooperación Internacional-Vigo.
Etiquetas:
Resumo de actividades/,
Voluntariado Litoral/
4/6/15
Póster para a Exposición Voz Natura
O vindeiro sábado 6 de xuño, a Fundación Santiago Rey Fdez.-Latorre celebrará, un curso máis, a festa de despedida do programa Voz Natura. Nesta festa todos os centros escolares e asociacións participantes expoñen unha mostra do feito a prol da natureza. A Asociación Fontaíña exporá un póster cun resumo das actividades realizadas grazas ó patrocinio de 600€ concedido por Voz Natura. Moitas grazas polo voso apoio e noraboa¡
Etiquetas:
Resumo de actividades/,
Xuventude/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




