Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



14/1/14

Actividades de Voluntariado Ecoloxico no primeiro trimestre de 2014


Sábado 18/1/14. Censo de aves invernantes no tramo de costa Cabo de Mar-Xunqueira do Lagares-Praia de Fontaíña. Os voluntarios percorrerán esta costa identificando as distintas especies de aves (garzas, corvos mariños, limícolos, carráns e gaivotas) que vexan e censando o número de individuos de cada tipo. Mediante este tipo de estudos, realizados tres veces ó ano, se pode coñecer mellor o funcionamento das poboacións de aves que hai nos espazos que estamos a coidar. Trátase duna actividade que esixe paciencia, atención, gañas de aprender e interese pola natureza.

Horario: 9:00 -13:00 h. Nº de prazas: 7.

Lugar de encontro e material necesario: Cabo de Mar, no Paseo de Samil (perto da praia da Fonte), rematándose o censo na praia de Fontaíña. Os voluntarios/as deberán levar calzado e roupa axeitado para camiñar nun dia de inverno e, se teñen, uns prismáticos.


Xoves 20/2/14. Bricovoluntarios nas praias de Fontaíña e Baluarte. Revisión e reparación de valados, eliminación de flora exótica bioinvasora, limpeza de lixo. Horario: 16:30-18:30 h. Nº de prazas: 6.

Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas e chuvasqueiros. Se non os teñen deben solicitalos (indicar talla) ó anotarse por e-mail.


Xoves 13/3/14. Bicovoluntarios en Cabo de Mar. Eliminación de flora exótica, limpeza de lixo e revisión/reparación do valado. Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 12.

Lugar de encontro e material necesario: Praia do Cocho das Dornas-Cabo de Mar, no Paseo de Samil (perto da praia da Fonte). No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas e chuvasqueiros. Se non os teñen deben solicitalos (indicar talla) ó anotarse por e-mail.




As persoas interesadas en participar en cada actividade teñen que inscribirse enviando o seu nome e tfno de contacto ó correo da asociación fontainhavigo@yahoo.es

31/10/13

Curso de Voluntariado: A restauración ecolóxica: unha ferramenta para a conservación do medio natural.



A Asociación Fontaíña oferta un curso gratuíto que pensamos vai ser de grande interese para as persoas voluntarias de actividades de medio ambiente.

Título do curso: A restauración ecolóxica: unha ferramenta para a conservación do medio natural.



Profesor: Diego Rodríguez Vieites, biólogo e Máster en Restauración de Ecosistemas.



Dirixido a: persoas interesadas no voluntariado ecolóxico (con ou sen experiencia). Interesados/as en inscibirse deben enviar un correo electrónico a fontainhavigo@yahoo.es cos seguintes datos (nome e apelidos, teléfono de contacto e, e se é o caso, entidade de voluntariado coa que se está a colaborar)



Datas : Teoría: 9-11-13 pola mañá (10 a 13 h.) e 16-11-13 pola mañá (10 a 13 h.). Práctica: 23-11-13 pola mañá e primeira hora da tarde (de 9 a 17h).



Duración: 12h (6 h. de fase teórica e 6h. de fase práctica).




Nº de prazas: 20 alumnos/as.



 Temática:


- Parte teórica: Celebrarase no Centro Cívico Municipal de Teis (Camino Maceiras s/n, 36207 Vigo, Tfno- 986 266 030) no curso abordaranse os diferentes aspectos que engloba a restauración de ecosistemas de maneira que se tratarán as seguintes unidades temáticas:


  • Degradación ambiental e restauración de ecosistemas.
  • A importancia do medio natural e da paisaxe de cara á restauración.
  • Como abordar un proxecto de restauración.
  • Restauración de ecosistemas mariños e litorais.
  • Restauración de ecosistemas forestais.
  • Restauración de ecosistemas lacustres e fluviais.
  • Restauración de hábitats para a fauna e poboacións.
  • Restauración de solos.
  • Restauración de espazos afectados por actividades extractivas e obra civil.


- Parte práctica: Saida ás 9h e chegada ás 17h (Lugar de saida e chegada, se comunicara durante o curso).  Transporte en autobús por conta da Asociación Fontaíña. A fase práctica consistirá en realizar unha visita ó proxecto de restauración forestal levado a cabo pola Asociación Ridimoas (Ourense).

 

Ó remate do curso entregarase diploma de asistencia ós alumnos (asistencia mínima 80%)  e unha guía do proxecto de recuperación do bosque da Asociación Ridimoas.

PATROCINA:

2/10/13

Participamos na II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

O membro da Asoc. Fontaíña Diego Rodriguez Vieites participou nun foro da II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas–Betanzos, xunto coa Fundación Fragas do Mandeo, cunha ponencia titulada "De praias degradadas a dunas protexidas".

6/9/13

Próxima actividade de voluntariado ecolóxico: Censo de aves


O vindeiro domingo 8 de setembro, pola mañán (de 9 a 13h) se realizará o censo de aves en paso posnupcial do tramo de costa que vai dende Cabo de Mar ata Toralla, pasando pola Xunqueira do Lagares.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)

Nesta actividade os participantes irán acompañados por un ornitólogo e axudarán a identificar e contar as aves que se atopen no seu percorrido. Dita información sirve para coñecer o estado medioambiental deste tramo de costa.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no tfno 679457222 ou por correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es (é recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodo para camiñar)


8/7/13

Patrocinadores 2013



A Fundación Biodiversidad, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente do Gobierno de España apoiará, a través da convocatoria 2013 do Programa Playas, Voluntariado y Custodia o proxecto "Voluntariado ecoloxico en praias da ría de Vigo" da Asociación Fontaíña cunha axuda económica de 3.000€.




Voz Natura, o concurso organizado pola Fundación Santiago Rey Fdez-Latorre, La Voz de Galicia e Radio Voz, seleccionou o proxecto presentado por Fontaíña e aportará unha axuda económica de 668€ durante o curso escolar 2012-13.

4/7/13

Asociación Fontaíña participou no I Foro de Restauración Ecolóxica Creando Redes.


A Asociación Fontaíña estará presente no I Foro de Restauración Ecolóxica Creando Redes, a celebrar os días 4 e 5 de xullo de 2013  . 
Podedes ver o programa do foro cliqueando no seguinte enlace: 

Nas seguintes liñas exponse un resumo da ponencia a presentar "20 años de restauración en A Fontaiña: de espacio degradado a zona dunar protegida" :
"El proyecto de restauración de las dunas de la playa de A Fontaíña (Coruxo, Vigo) comienza en el año 1993 en un ecosistema dunar con un elevado grado de degradación y se prolonga hasta nuestros días para pasar a convertirse en Espacio Natural de Interés Local. El hecho de ser pioneros en restuaración dunar en Galicia implicó numerosas dificultades de diferente naturaleza que se fueron superando con éxito hasta consolidar este proyecto de restauración. La gestión del ecosistema, la educación ambiental llevada a cabo, la concienciación de los técnicos de la administración y de la clase política,… valieron, además, para que en playas próximas se comenzasen a llevar a cabo experiencias de restauración dunar por parte de administraciones municipales que vieron en el proyecto de Fontaíña un ejemplo a seguir."

Voluntariado ecolóxico na praia de Fontaíña-Maio 2013





O pasado 23 de maio 7 voluntari@s da asociación Fontaíña e unha monitora levaron a cabo unha xornada de traballo na praia de Fontaíña.

A actividade consistíu na recollida de lixo na zona das dunas, revisión do valado e tarefas de eliminación de especies exóticas invasoras (Arctotheca calendula, Conyza sp. e Parthenocissus quinquefolia).

O bo tempo acompañou e ao final se apañaron un total de 8 bolsas cheas de lixo e plantas arrincadas.