Por mor da alerta meteorolóxica (nivel amarelo, segundo Meteogalicia) desta fin de semán, suspéndese a actividade para os rapaces do Obradoiro da Natureza, a celebrar no Encoro de Zamáns o sábado 2/19/2010 de 10 a 13h.
A actividade se celebrará nalgunha das vindeiras fins de semana, avisándose ós rapaces inscritos de xeito persoal e tamén a través da web da Asociación Fontaíña.
24/9/10
Comezan as actividades para os rapaces: Obradoiro da Natureza 2010-2011
A Asociación Fontaíña retoma as actividades do seu grupo xuvenil “Obradoiro da Natureza”. Comentarvos que na campaña que agora bota a andar os rapaces desenvolverán un proxecto denominado “Mollate pola natureza e aforra auga” e que conta co patrocinio de Voz Natura e da Consellería de Traballo e Benestar (Xuventude). Os rapaces, acompañados polos monitores, realizarán actividades en defensa da natureza relacionadas coa auga como recurso natural. Ó igual que fixemos o pasado curso recibiredes por correo unha convocatoria cada dous ou tres meses, aproximadamente, e lembrade que debedes avisarnos se os vosos fillos van asistir a cada unha das actividades (trátase dunha cuestión organizativa para o tema de material, monitores e avituallamento). Os nenos deben traer roupa cómoda para andar polo campo e que poidan manchar. A asociación facilitaralles lubas (guantes) para traballar e o avituallamento. Outro tema que vos queremos comentar é que se coñecedes a algun rapaz ou rapaza de entre 6 e 12 anos de idade, interesado en participar nas actividades de Fontaíña lles comentedes que se apunten chamando ao teléfono da asociación. Velaí tedes o calendario da primeiras actividades:
Sábado 2/10/10 de 10:00 a 13:00h. Visita ó Encoro de Zamáns (Vigo). Nel coñeceremos, mediante unha visita guiada polo personal de Aqualia, as instalacións do encoro un dos que abastece de auga a algunhas parroquias de Vigo. Posteriormente visitaremos o Muíño de Maquías, situado no río Zamáns e se da tempo daremos un paseiño polas beiras do encoro e as limparemos de lixo. O lugar de encontro será na Carretera de Zamáns no km10. A liña de Vitrasa C7 pasa perto. Lembrade traer as autorizacións asinadas.
Sábado 6/11/10 de 10 a 13h. Investigación sobre o estado medioambiental do río Lagares. Os nenos participantes realizarán un percorrido polas marxes do Lagares e estudiaran en que estado se atopa a natureza do río vigués, analizando a auga, o cauce do río e as marxes. O lugar de encontro será na ponte de madeira que hai no Paseo Peonal do Lagares (a carón da depuradora, na estrada Muíños-Samil). Os nenos deben traer botas de auga.
AVISO IMPORTANTE: LEMBRADE QUE É NECESARIO AVISAR DA PARTICIPACIÓN DOS RAPACES PARA CADA ACTIVIDADE, CUN MÍNIMO DE DOUS DÍAS ANTES DA SÚA CELEBRACIÓN. Podédelo facer chamando ou mandando unha mensaxe ó tfno. 679457222 ou ben ó correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es
3/9/10
Censo de aves
Como xa é habitual vaise celebrar o censo de aves en paso outonal no litoral de Vigo, actividade organizada polo ornitólogo Diego Rodríguez Vieites.Aquelas persoas interesadas en descubrir o mundo das aves e axudar ó seu coñecemento poden participar no censo, que terá lugar o sábado 4/9/10. Iniciarase o percorrido ás 9h dende Cabo de Mar ata O Vao.
Os interesados en participar poden apuntarse no tfno. 679457222 ou no correo fontainhavigo@yahoo.es
31/8/10
Xuntanza da Xunta Directiva da Asociación Fontaiña
Celebrarase no Salón de Actos do Centro Cívico do Casco Vello o venres día 3/9 de 19:30 a 21:15. Nela trataranse diversos temas de traballo da asociación.
10/8/10
Reparacións de urxencia na praia do Baluarte
O pasado venres 6 de agosto, pola mañán, se realizaron reparacións no valado que protexe as dunas da praia do Baluarte (Coruxo), pois presentaba algúns desperfectos ocasionados polo deterioro normal do mesmo. É moi importante que os valados estean en boas condicións, para así conseguir que os bañistas valoren positivamente o coidado das dunas e a praia.Por outra banda, sinalar que dous días antes uns descoñecidos esnaquizaron parte do valado novo que protexe unha pequena zona de dunas entre o Vao e Baluarte. Segundo nos informaron, foron os propios bañistas os que avisaron o 092 e deseguido pasou unha brigada municipal a reparar os danos causados por este lamentable acto vandálico.
O noso agradecemento a tódalas persoas que se preocupan por coidar o litoral.
Etiquetas:
Resumo de actividades/,
Voluntariado Litoral/
9/8/10
A Policia Municipal de Vigo inicia o control dos aparcamentos irregulares en Fontaíña e Xunqueira
Acabamos de recibir unha chamada telefónica do portavoz da Policia Municipal de Vigo indicando que a patrulla de praias iniciará as accións de control de aparcamentos irregulares, solicitadas mediante escrito hai uns días (máis datos cliquea aquí).
Dende a Asociación Fontaíña queremoslle agadecer ó 092 de Vigo o seu interese e profesionalidade.
Dende a Asociación Fontaíña queremoslle agadecer ó 092 de Vigo o seu interese e profesionalidade.
8/8/10
Voz Natura e Consellería de Benestar renovan o seu apoio ó Obradoiro da Natureza
Novamente, os patrocinadores habituais das actividades de educación ambiental renovaron o seu apoio ó Obradoiro da Natureza, o taller de actividades medioambientais dirixido a rapaces de 6 a 12 anos de idade.
Voz Natura, o concurso organizado pola Fundación Santiago Rey Fdez-Latorre, La Voz de Galicia e Radio Voz, seleccionou o proxecto presentado por Fontaíña e aportará unha axuda económica de 900€.
Pola súa banda, a Consellería de Traballo e Benestar ó abeiro do Programa Iniciativa Xove concedeu para o mesmo proxecto outra axuda de 1.410€.
Móllate pola auga é o nome do proxecto que se desenvolverá este ano e que terá a auga como protagonista principal. Os rapaces do Obradoiro da Natureza realizarán visitas a diferentes espazos naturais e instalacións relacionadas coa auga, tamén acometerán accións medioambientais como limpezas, plantións e investigacións.
Etiquetas:
Patrocinadores/,
Xuventude/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
