Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es
Tfno.: 679457222



31/7/17

Resumo da Operación Cabicha 2017


O luns 31 de xullo, de 9 a 12h, un grupo de 10 persoas voluntarias (6 adultas e 4 menores) limparon 1,5 kg de cabichas do areais de Baluarte (que pertence ó Espazo Natural de Interes Local -ENIL- "Dunas do Vao") e de Fontaíña. Despois da limpeza repartíronse cabicheiros entre os bañistas fumadores, para conciencialos da importancia de non tirar este tipo de lixo, de moi dificil limpeza, na area, pois contamínase un medio no que habitan moitos organismos de interese para o ecosistema litoral e ademais obriga a mecanizar a limpeza da areal co forte impacto ambiental que provoca o tamizado con máquina.  


Moitas grazas a todos os participantes na limpeza e a toda a xente que colabora mantendo limpas estas dúas praias de grande valor ecolóxico.

No hay comentarios: